Noticias

A flor da camelia e o traxe galego protagonizan unha nova exposición no Porto de Vigo

Trátase dunha mostra expositiva itinerante que rende homenaxe ao traxe tradicional galego e onde se mesturarán máis de 200 variedades de camelia con pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros ou cofias. Como novidade, tamén se incluirán varios traxes do Ballet Rey de Viana. Esta exposición é posible grazas ao traballo dos máis de 20 coleccionistas galegos que presentarán na mostra as súas flores cultivadas. Tras o seu paso por Santiago de Compostela, a 'Camelia de Galicia-Traxe galego, unha parella perfecta' porá en valor a cultura galega, a natureza e os atractivos que a Ruta da Camelia ofrece a través das súas doce paradas por toda a xeografía galega.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o presidente da Autoridade Portuaria en Vigo, Enrique López Veiga, presentaron hoxe en Vigo a exposición Camelia e traxe galego, unha parella perfecta, que poderá visitarse no Tingado do Porto os vindeiros 16 e 17 de novembro.

Trátase dunha mostra expositiva itinerante que rende homenaxe ao traxe tradicional galego e onde se mesturarán máis de 200 variedades de camelia con pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros e cofias, entre outros. Ademais, como novidade, tamén se incluirán varios traxes do Ballet Rey de Viana. Neste contexto, Corina Porro subliñou o fondo vencellamento de Vigo e Galicia con esta flor: “A camelia está presente nas rúas da cidade e leva o nome unha das súas arterias principais, a Avenida das camelias” e animou aos vigueses a visitar en familia a exposición.

Como explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, esta exposición é posible grazas ao traballo dos máis de 20 coleccionistas galegos que presentarán na mostra as súas flores cultivadas. Incidiu, ademais, na importancia de exposicións como esta que axudan a poñer en valor un dos recursos turísticos máis orixinais cos que conta Galicia e que é especialmente atractivo en época de tempada baixa, coincidindo coa súa máxima floración.

Lembrou, ademais a aposta do Goberno galego por poñer en valor este recurso turístico único a través de iniciativas como a Ruta da Camelia, que percorre Galicia a través de 12 pazos e xardíns e onde o Parque do Castro e o Pazo Museo Quiñones de León forman parte do seu percorrido.

Entrada gratuíta

Tras o seu paso por Santiago de Compostela o ano pasado, a Camelia de Galicia-Traxe galego, unha parella perfecta porá en valor a cultura galega, a natureza e os atractivos que a Ruta da Camelia ofrece a través das súas doce paradas por toda a xeografía galega. Para a súa posta en escena cóntase tamén co apoio de Artesanía de Galicia.

“Iniciativas como esta exposición son peza clave na nosa aposta pola diversificación de fluxos e a ampliación de circuítos que visitar no noso destino”, explicou Nava Castro. Debido á particularidade da exposición, con flor natural cortada, a mostra permanecerá aberta dous días en horario ininterrompido de 12,45 a 20,00 horas o sábado 16 de novembro e de 11,00 a 19,00 horas o domingo 17 de novembro, con entrada gratuíta.

R., 2019-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES