Presentado 'Vigo Emerxe', o gran concerto que reunirá no Museo do Mar de Galicia a 12 artistas da escena musical viguesa
Doce bandas e artistas vigueses daranse cita o vindeiro 28 de setembro en 'Vigo Emerxe', un gran concerto no Museo do Mar de Galicia que porá en valor a escena musical da cidade. O cartel de Vigo Emerxe inclúe nomes de artistas e bandas locais emerxentes e outros referentes dentro da escena cultural e musical da cidade como The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha, r. e. a. l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo, BabyKatze ou Santi Araújo. A nómina de participantes complétase cos nomes doutros músicos da cidade cunha ampla traxectoria como Pablo Novoa, exmembro da histórica banda Golpes Bajos, ou Nicolas Pastoriza, protagonista tamén da escena musical da cidade nos anos 80 dentro do grupo Bromea o qué?.
Todos eles protagonizarán preto de seis horas de música que arrancarán as 18,00 horas en dous escenarios do Museo do Mar, un situado no exterior, na zona do aparcamento, e outro no interior do inmoble, na sala de exposicións temporais. As actuacións rematarán ao fío da madrugada e a entrada será de balde ata completar aforo sen necesidade de realizar reserva previa.
O titular de Cultura e Turismo subliñou que este evento demostra o compromiso do Goberno galego coa escena musica e cultural viguesa, facendo especial fincapé na promoción dos artistas e bandas emerxentes. Explicou que este proxecto busca dar a coñecer aínda máis aos artistas e grupos locais, ao tempo que se completa a oferta cultural da cidade cun gran concerto que terá como escenario o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia. Lembrou ademais que o Goberno galego leva tempo impulsando iniciativas na cidade no eido cultural a través da promoción de concertos na cidade dentro da Rede Galega de Música ao Vivo ou funcións de teatro a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Éxito de Solpores do Museo
Vigo Emerxe toma o relevo de Solpores do Museo, o exitoso ciclo de concertos impulsado pola Xunta durante os meses de xullo e agosto no Museo do Mar de Galicia que reuniu neste emprazamento a artistas e bandas de renome a nivel nacional como Zenet ou Soleá Morente xunto con artistas vigueses como Amaro Ferreiro ou Presumido.
Neste sentido, Román Rodríguez lembrou a boa acollida deste evento que esgotou nunhas horas as invitacións para os seis concertos que conformaron este ciclo.
R., 2019-09-13
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.