Galicia acada os mellores resultados turísticos da súa historia en tempada media e suma preto de 1,5 millóns de viaxeiros
Galicia pechou maio como a comunidade española na que máis está a medrar o turismo nos primeiros meses do ano, coincidindo coa tempada media-baixa e con cifras nunca antes alcanzadas neste período de tempo. Así o reflicten os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que contabilizan en preto de 1,5 millóns os visitantes que recibiu Galicia nos cinco primeiros meses do ano, a cifra máis elevada da serie histórica neste período do ano. Os datos constatan que o turismo galego continúa avanzando na boa dirección grazas ao esforzo de todo o sector e ao traballo da Xunta para facer da Comunidade un destino competitivo e desestacionalizado.
Así o número de viaxeiros está a medrar en Galicia a un ritmo superior ao 5% -un 1,5% máis que a media española- e tamén están a permanecer cada vez máis noites na nosa Comunidade. De feito, a demanda turística creceu un 7% facendo posible que Galicia rexistrase ata maio o crecemento turístico de maior intensidade de España, seguida por Castela e León e Madrid.
Chegan máis viaxeiros do resto de España, tamén viaxan máis os galegos no seu territorio e cada vez gaña máis peso o mercado internacional. De feito segundo o INE, a cifra de viaxeiros estranxeiros medrou máis dun 10% e a de pernoitas supera o 12%. O turismo internacional representa o 26% do total, un peso que nunca antes acadara o mercado estranxeiro nos primeiros cinco meses do ano e que responde, en boa medida, á estratexia do Goberno galego de internacionalizar a oferta turística da Comunidade.
Hoteis e pensións foron as modalidades de aloxamento máis habituais para a súa estadía en Galicia. En concreto, o 91% aloxouse neste tipo de establecementos, seguidos polo turismo rural, os apartamentos turísticos e os campings. Todas as modalidades turísticas viron mellorados os seus resultados, con incrementos superiores ao 10% no turismo rural.
As cifras reflexan ademais que os viaxeiros quedan máis tempo en Galicia, xa que a estadía media sobe un 2% en relación ao dato de 2018 colocando a cifra do acumulado a maio na máis elevada dos últimos seis anos.
Máis tempo e máis gasto
Pontevedra foi a provincia galega onde máis medrou o turismo nos primeiros cinco meses do ano ao alcanzar unha suba do 7,6% con respecto a 2018 e un incremento de preto dun 9% no volume de noites. En segundo lugar situouse Lugo, ao rexistrar un 5% máis de viaxeiros que fai un ano, seguida da Coruña, cun alza do 4,5% e Ourense, cun incremento turístico do 1,6% con respecto a fai 12 meses.
Os datos do INE reflexan como ademais de quedar máis tempo, os turistas gastan máis na Comunidade. As tarifas hoteleiras melloraron ata maio un 1,5% e a rendibilidade acadou a cifra máis elevada da década; o que constata a aposta da Xunta por un turismo de calidade.
R., 2019-07-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.