Noticias

Profesionais do sector analizaron a situación do lácteo galego en Santiago

A xornada " Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo" reuniu a preto de medio centenar de profesionais do sector leiteiro. Os principais eixos temáticos da xornada xiraron en torno á PAC, ao Paquete lácteo, ás Organizacións de Produtores, as Interprofesionais e a Mesa do Leite e ao uso dos antibióticos. O primeiro relatorio, de Higinio Mougán,director-xerente de AGACA, destacou que se prevé que a nova PAC dará importancia aos obxectivos de desenvolvemento sustentable relacionados cos plans nacionais integrados de enerxía e clima e de control de contaminación atmosférica, relacionados entre outras cousas, con emprego de xurros e fertilizantes e redución de emisións de gases.

En canto ao marco normativo do paquete lácteo, que detallaron Jorge Piñeiro, Juan José Cerviño e Pablo Fernández (respectivamente subdirector xeral e funcionarios do FOGGA), fíxose especial fincapé nas condicións que establece o Real Decreto 95/2019 sobre os contratos lácteos e as relacións entre produtores, cooperativas e organizacións de produtores.

Concha Gafo, do servizo xeral de leite e derivados lácteos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, achegou datos sobre a situación do sector lácteo: España suma o 4% do censo de gando vacún europeo e Galicia o 40% do español. Galicia produce o 38% do leite nacional, aínda que dende o fin das cotas lácteas se reduciu nun 17% o número de gandeiros. Segundo os datos, concluíu: “Podemos afirmar que non hai deslocalización na produción, que era un medo que había coa desaparición das cotas lácteas”. Destacou tamén que o Ministerio “se compromete a regular o papel dos primeiros compradores lácteos” e que realiza “un traballo moi exhaustivo coas Comunidades Autónomas e co sector para establecer as necesidades da PAC”.

En canto á proxectos da Consellería do Medio Rural, Marcos Barreiro, xefe de servizo de Análises e informes, destacou que “entre as cuestións que preocupan á Mesa do Leite atópanse a substitución xeracional, a reorientación produtiva e a xeración na cadea de valor ou a promoción dos produtos lácteos”, e Miguel Ángel Pérez, director xeral de Desenvolvemento rural, centrouse na mobilidade da terra: “Se non podemos ter unha agricultura sustentable porque a estrutura da propiedade non soporta explotacións rendibles, a xente abandona o campo”; un mecanismo para solucionalo, afirmou, é a concentración parcelaria. Galicia suma a menor superficie de parcela por propietario, con 1,7 hectáreas de media, seguida por Canarias con 2,4 hectáreas.

Finalmente, Victorio Collado, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, centrouse no programa de prescrición e uso razoable de antibióticos en vacún de leite.

R., 2019-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES