Noticias

Boeing presenta o proxecto sobre seguridade aérea que desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia

Celebrouse hoxe a presentación do proxecto sobre seguridade aérea Galician Skyway-Civil UAVs Initiative, que a multinacional Boeing desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia, en Rozas. Trátase dun proxecto froito do traballo dunconsorcio composto por: ENAIRE, dependente do Ministerio de Fomento; INTA, dependente do Ministerio de Defensa; o centro tecnolóxico galego GRADIANT; a multinacional tecnolóxica galega TELEVÉS; CENTUM, unha startup tecnolóxica galega especializada en telecomunicacións; SOTICOL, unha empresa de base tecnolóxica que xurde na Universidade de Alcalá; e a Xunta.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe á presentación do proxecto sobre seguridade aérea Galician Skyway-Civil UAVs Initiative, que a multinacional Boeing desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia, en Rozas.

Durante o acto, Feijóo agradeceu a Boeing Europa a súa confianza na comunidade e “no ecosistema de innovación que estamos construíndo”, así como o traballo de todo o consorcio de empresas e institucións que van colaborar na súa execución. Un consorcio composto por: ENAIRE, dependente do Ministerio de Fomento; INTA, dependente do Ministerio de Defensa; o centro tecnolóxico galego GRADIANT; a multinacional tecnolóxica galega TELEVÉS; CENTUM, unha startup tecnolóxica galega especializada en telecomunicacións; SOTICOL, unha empresa de base tecnolóxica que xurde na Universidade de Alcalá; e a Xunta.

“Traballaremos no desenvolvemento dun proxecto pioneiro no ámbito da industria aeroespacial como é o da seguridade cando falamos de integrar nun mesmo espazo aéreo as aeronaves tripuladas e non tripuladas”, dixo, incidindo en que esta iniciativa, ao igual que o polo da industria aeroespacial que neste momento desenvolve a súa actividade en Rozas, é produto da colaboración público-privada.

Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que o obxectivo deste proxecto será o de resolver as cuestións que as axencias de seguridade consideran clave, como pode ser: a perda dos enlaces de comunicación, a incapacidade de detectar colisións, a perda de sinal ou de impulso do motor, ou a perda de control por interferencias. “É dicir, ofreceranse solucións transversais e universais, en tanto que serán necesarias en calquera aeronave non tripulada ou en calquera sistema para a súa xestión no futuro”, aseverou, precisando que, como resultado desta iniciativa, Boeing deixará instalado en Rozas un simulador de probas e continxencias, o que suporá unha importante contribución ao equipamento do Centro de Investigación Aerotransportada situado nas instalacións do aeródromo lucense.

O responsable do Goberno galego resaltou a aposta que Boeing está a facer por desenvolver a súa I+D estratéxica en Galicia e fixo fincapé na importancia de que a Comunidade siga apostando polo emprendemento e o desenvolvemento industrial, así como pola formación.

Sobre este último punto, destacou o traballo e a implicación do CIFP As Mercedes de Lugo, onde se imparte o Ciclo Superior de Mantemento Aeronáutico; ou da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, situada no campus de Ourense e na que se imparte o Grao de Enxeñaría Aeroespacial. E referiuse, tamén, ao novo máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados que se desenvolve na Cidade olívica e en Santiago.

Ao longo da súa intervención, Feijóo animou a seguir comprometidos coa cooperación público-privada como fórmula para que o sector aeroespacial en Galicia estea en continuo avance e dando pasos en firme coas miras postas no mercado internacional.

Por outra banda, José Enrique Román, Director do BR&T-E (Centro de Investigación e Tecnoloxía) de Boeing en Europa, comentou que: “hoxe celebramos un fito histórico para o futuro da navegación autónoma. Boeing e as empresas galegas de tecnoloxía traballarán xuntos nos próximos anos para crear o futuro das viaxes e o transporte. España é coñecida por ter instalacións de proba excepcionais, e o CIAR de Rozas é unha delas. O noso plan é desenvolver, nos próximos anos, solucións aos desafíos operativos e de seguridade formulados polos sistemas de avións non tripulados en espazos aéreos compartidos. Estamos seguros de poder colaborar do mellor xeito cos nosos socios e as autoridades galegas para evolucionar o ecosistema do transporte".

R., 2019-05-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES