Noticias

A Semana Santa galega chega este ano co maior número de festas de interese turístico

A Semana Santa galega vai gañando ano a ano en atractivo, como se pode comprobar no feito de que este ano se celebrará co maior número de festividades deste tipo declaradas de interese turístico. A nosa Comunidade conta con dúas festas recoñecidas coa máxima distinción que poden acadar no eido turístico. As de Ferrol e Viveiro son de Interese Turístico Internacional e seis máis son de Interese Turístico de Galicia: Betanzos, Cangas, o Santísimo Cristo de Fisterra, Mondoñedo, Paradela e Santiago de Compostela. A Semana Santa da capital galega estrearase este mesmo ano co recoñecemento de Interese Turístico de Galicia, tras telo acadado o pasado ano. Tamén outras localidades avanzan neste proceso, como é o caso da Semana Santa de Lugo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o cada vez máis importante atractivo da Semana Santa galega que este ano se celebrará co maior número de festividades deste tipo declaradas de interese turístico. Así o manifestou no transcurso dun encontro-coloquio organizado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela no que se deron cita representantes de varias celebracións con esta distinción en Galicia.

Durante a súa intervención, Nava Castro recordou que a nosa Comunidade conta con dúas festas recoñecidas coa máxima distinción que poden acadar no eido turístico. As de Ferrol e Viveiro son de Interese Turístico Internacional e seis máis son de Interese Turístico de Galicia: Betanzos, Cangas, o Santísimo Cristo de Fisterra, Mondoñedo, Paradela e Santiago de Compostela.

Neste sentido, salientou a importancia da Semana Santa da capital galega, que se estreará este mesmo ano co recoñecemento de Interese Turístico de Galicia, tras telo acadado o pasado ano. Tamén outras localidades avanzan neste proceso, como é o caso da Semana Santa de Lugo, á que o Consello de Turismo deu o visto bo, como paso previo para ser elevado a Consello da Xunta, órgano responsable da declaración definitiva.

Nava Castro salientou o esforzo e traballo das diferentes confrarías galegas “por saber facer que tradicións como estas convivan perfectamente co pasado, co presente e tamén co futuro, ao tempo que se converten en importantes atractivos para os viaxeiros”, indicou.

Ademais do encontro-coloquio, a iniciativa da Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela inclúe tamén unha exposición en San Domingos de Bonaval durante esta fin de semana, onde se expoñen hábitos, estandartes e diversos obxectos de confrarías. Proporciónase tamén información de interese, datos e peculiaridades sobre as mesmas. A entrada é de balde e está aberta hoxe de 10,00 a 18,00 e mañá de 10,00 a 14,00 horas.

R., 2019-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES