Noticias

O Plan de financiamento empresarial de Galicia 2019 facilitará a posta en marcha e consolidación de 800 proxectos

O Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento, especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial. A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M€, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento.Especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial, engadiu.

A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M€, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais, dixo, prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.

O presidente da Xunta sinalou que esta iniciativa será impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e XesGalicia coa colaboración doutras entidades como: o Banco Europeo de Investimentos (BEI), o Instituto de Crédito Oficial(ICO), as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo e a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE).

Sobre este punto, Feijóo pasou a detallar algunha das principais novidades deste plan que se puxo en marcha por primeira vez no ano 2014. Entre elas atópase o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10M€, cunha dotación de 16,5M€.

Tamén a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur, e dunha liña de avais que para esta convocatoria terá unha ampliación do límite da operación financeira, dos 500.000€ ata 1M€.

R., 2019-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES