A cidade de Dublín acolle a presentación da oferta turística de Galicia aos principais operadores irlandeses
A oferta turística de Galicia preséntase na capital de Irlanda no marco da mesa de traballo Irish Travel Industry Trade Show, no que están representados os principais operadores deste país. O departamento de Cultura e Turismo da Xunta difundirá entre os empresarios turísticos irlandeses a oferta relacionada coa natureza, a cultura, as cidades e a gastronomía, así como o Camiño de Santiago nun dos países que máis peregrinos achega ano tras ano, segundo os datos da Oficina do Peregrino. Turismo de Galicia ten a oportunidade de contactar con grandes operadores irlandeses para presentarlles os produtos que máis se adaptan ao gusto dos cidadáns de Irlanda e así incorporar a oferta galega aos viaxes organizados que parten da illa.
A oferta turística de Galicia preséntase hoxe na capital de Irlanda, Dublín, no marco da mesa de traballo Irish Travel Industry Trade Show, no que están representados os principais operadores deste país. A Xunta está presente nesta reunión na que tamén participa o ente de promoción turística de España Turespaña así como representantes doutras comunidades autónomas.
O departamento de Cultura e Turismo difundirá entre os empresarios turísticos irlandeses a oferta relacionada coa natureza, a cultura, as cidades e a gastronomía, así como o Camiño de Santiago nun dos países que máis peregrinos achega ano tras ano, segundo os datos da Oficina do Peregrino. Nesta reunión profesional, Turismo de Galicia ten a oportunidade de contactar con grandes operadores irlandeses para presentarlles os produtos que máis se adaptan ao gusto dos cidadáns de Irlanda e así incorporar a oferta galega aos viaxes organizados que parten desta illa.
Polo que respecta á demanda turística, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a estadía media dos viaxeiros irlandeses nos establecementos hoteleiros galegos medrou un 27,3% en relación ao mesmo período do ano 2018. Polo que respecta ao Camiño de Santiago, os datos da Oficina do Peregrino revelan que o pasado ano recolleron a Compostela máis de 7.500 peregrinos irlandeses, un 13,55% máis que o ano anterior, situándose como o sétimo país estranxeiro con máis peregrinos.
Turismo de Congresos
Por outra parte, continuando co calendario anual da promoción dos produtos turísticos galegos, Cultura e Turismo participou onte na reunión profesional Meeting and Incentive Summit, un workshop destinado á comercialización do turismo de reunións, entre os operadores nacionais e internacionais.
Esta actividade desenvolveuse en Madrid, onde o departamento de Turismo da Xunta puido contactar con máis dunha vintena de profesionais da organización de congresos, convencións e reunións de empresa.
R., 2019-03-21
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.