Noticias

A Coruña acollerá o xoves 21 a gala dos XXIII Premios María Casares, “a gran festa artes escénicas galegas”

Un total de doce espectáculos finalistas competirán polos galardóns. ​Commedia​, de Contraproduccións, opta a un total de 12 premios do teatro galego; ​Divinas Palabras Revolutio​n, do Centro Dramático Galego, é finalista en 7 categorías, e A leituga, de Emedous, aspira a acadar 5 galardóns. Ademais, outras pezas como ​Invisibles, de Redrum Teatro, e ​A Casa O’Rei​, de Ibuprofeno Teatro, optan a 4 premios. A obra ​O servidor de dous amos​, de Talía Teatro, é finalista en 3 modalidades, mentres que montaxes coma ​#Camiños, Anatomía dunha serea, ou ​A nena e o grilo competirán en 2 categorías. Completan o cadro de finalistas ​Arnoia Arnoia, Contos do Recreo e ​Patapatúm.

O Pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación da 23ª edición dos premios do teatro galego María Casares, cuxa gala terá lugar o vindeiro xoves, 21 de marzo, ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valorou positivamente a celebración, un ano máis na cidade, “da gran festa do teatro galego, un acto máis que relevante para este Concello, e que dará conta do nivel de excelencia das nosas artes escénicas”. O concelleiro de Culturas, quen saudou a elección de David Rubín como autor do cartel desta edición, estivo acompañado na presentación
pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Mabel Rivera; o presidente do Consello Territorial da SGAE, Juan Rivas, e dos actores coruñeses Juanillo Esteban e Carlos Sante, que serán os responsables de dirixir unha gala que se poderá seguir, ao vivo, desde as 20.30 horas a través da canle de Youtube da AAAG xa que, tal e como apuntou Mabel Rivera, este ano a gala non se emitirá na canle pública galega. “Tomamos esta decisión ante o feito de que non haxa posibilidade de retransmitir a cerimonia en directo, logo de anos facéndoo de madrugada. Estamos a falar cun trato desfavorable, por parte da administración autonómica, a unha actividade pioneira na transmisión de valores culturais en galego, como é o noso teatro”, aseverou a actriz.

Un total de doce espectáculos finalistas competirán polos galardóns. ​Commedia​, de Contraproduccións, opta a un total de 12 premios do teatro galego; ​Divinas Palabras Revolutio​n, do Centro Dramático Galego, é finalista en 7 categorías, e A leituga, de Emedous, aspira a acadar 5 galardóns. Ademais, outras pezas como ​Invisibles, de Redrum Teatro, e ​A Casa O’Rei​, de Ibuprofeno Teatro, optan a 4 premios. A obra ​O servidor de dous amos​, de Talía Teatro, é finalista en 3 modalidades, mentres que montaxes coma ​#Camiños, Anatomía dunha serea, ou ​A nena e o grilo competirán en 2 categorías. Completan o cadro de finalistas ​Arnoia Arnoia, Contos do Recreo e ​Patapatúm. Este ano, por primeira vez, non se entregarán as tradicionais xerras de Sargadelos, que se substituirán por un trofeo deseñado por Paula Pereira como protesta da AAAG polas actuacións da dirección da empresa fronte ao seu cadro de persoal. “Como asociación valoramos o diálogo á hora de solventar conflitos laborais e cumprimentos. Apostamos pola conversa e parécenos que non se está a abordar así desde a fábrica”, apuntou Rivera.

Durante a gala, na que as Aulas de Teatro Universitario de Vigo e Ourense recibirán este ano o Premio de Honra Marisa Soto, o actor Carlos Santiago dará lectura ao Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Pola súa banda, tanto Estaban como Sande salientaron a participación na cerimonia de actrices e actores con bagaxe nas artes circenses, ademais de rostros recoñecidos da escena teatral galega. “Será unha gala de época e dinámica, que trasladará ao público a un pasado glorioso a través da mistura do teatro e circo”, apuntaron durante a presentación.

R., 2019-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES