Noticias

O Goberno galego incrementa as contías da Risga e establece a posibilidade de compaxinala cos ingresos laborais

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia que permitirá incrementar as contías da Risga, así como compaxinala con ingresos laborais. Uns cambios dos que se beneficiarán os preto de 10.000 galegos que perciben esta achega económica. “Trátase dun decreto ambicioso e innovador”, dixo, incidindo en que unha das novidades máis importantes será a posibilidade de compatibilizar a Risga cos ingresos do traballo, de xeito que aceptar un emprego non supoña unha perda de ingresos con respecto á renda social.

Non en van, estar en situación de desemprego era condición sine qua non para acceder á Risga.

Como segunda gran novidade que introduce este texto, Feijóo destacou a creación de dous novos tramos. Así, se na actualidade esta prestación se compoñía do tramo persoal e familiar, que se determina en función das circunstancias da persoa perceptora e se marca atendendo ás persoas que conviven nese fogar; a partir de agora, inclúense dous máis: o tramo de inserción, cun complemento do 35% do Iprem (188 euros) durante un máximo de doce meses e prorrogable por outros seis. Ao que poderán acceder as persoas que superen un diagnóstico de empregabilidade, que deberán subscribir un convenio de inclusión sociolaboral no que se comprometan a mellorar a súa formación ou facer prácticas laborais non remuneradas, por exemplo.

E o tramo de transición ao emprego, un incentivo que se concederá ás persoas perceptoras que atopen un traballo. Así, durante o primeiro mes poderán cobrar ata un 35% máis ca o salario mínimo interprofesional e esta contía irá descendendo progresivamente, ata deixar de percibir a Risga ao finalizar o semestre.

O presidente da Xunta aseverou que coa eliminación do requisito de desemprego e a introdución destes dous novos tramos, a Risga converterase nunha auténtica ponte cara á vida laboral, na liña das recomendacións que fai a Comisión Europea.


Así mesmo, outra das novidades do texto será que, á hora de calcular se unha persoa ten dereito á Risga, computaranse unicamente os ingresos que efectivamente se cobren, non aqueles aos que se ten dereito pero que non se están a facer efectivos.

Ademais, este decreto tamén permitirá compatibilizar a Risga con outras axudas de inclusión extraordinarias, para a compra de alimentación, vestido e enxoval doméstico; sempre que se acredite a necesidade destes produtos porque a persoa teña unha intolerancia alimentaria, discapacidade ou unha patoloxía crónica ou minoritaria.

En definitiva, un Decreto que suporá un importante incremento das prestacións que perciben as familias que máis o necesitan, concluíu, recordando que o novo documento recolle as achegas das entidades sociais que traballan no eido da inclusión. De feito, ademais dos prazos de consulta previa e de información pública obrigados, concedeuse un prazo adicional de 15 días na fase intermedia da tramitación e se notificou individualmente ás entidades máis representativas deste ámbito

R., 2018-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES