As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro.
Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais, charlas formativas, speed meetings entre músicos e programadores, doce concertos e a inauguración da exposición Soundtrack sobre fotografía musical. Ademais dunha visita guiada pola exposición, impartirá unha charla sobre a importancia da imaxe para os artistas.
Todas as actividades son totalmente de balde. Para as clases maxistrais e os speed meetings debe realizarse inscrición previa a través de comunicacion@musicosaovivo.com e o espazo principal de celebración será o Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2). No resto indicaremos o lugar de celebración na axenda que vai a continuación.
Plan de actividades A Coruña Respira Música
Luns 10 de decembro
17h - 18h15.- Músicas Ao Vivo. Presentación da asociación MAV, da sección da Coruña e da Cooperativa de Músicas. Formación sobre contratación, altas na seguridade social outros trámites burocráticos.
Intervirán compoñentes da Xunta Directiva, da seción MAV Coruña, así como o xerente Manuel Alonso.
18h30 - 19h45.- Mesa redonda. A importancia dos vídeos nunha carreira musical: vídeos de directos, videoclips e vídeos para redes sociais.
Intervirán: Bea Camiña de Produtriz Comunicación; Nuria Foz, creadora de contidos audiovisuais / Mulleres Galegas Kañeras; e Belén Montero e Juan Lesta da produtora Esferobite.
Martes 11 de decembro
11h - 13h30.- Clase maxistral: Xabier Díaz. Técnicas de pandeireta para o repertorio tradicional cantado. Un repaso polos diferentes ritmos e técnicas asociadas ao canto, articulación, independencia, tempo e diferentes patróns rítmicos.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.
17h - 18h30.- Obradoiro formativo MAV. Elaboración de rider técnicos. Consellos prácticos para as probas de son e durante os directos.
Imparte: Diego Basadre, técnico de son de Ses, entre outros artistas.
17h - 18h30.- Clase maxistral: Narci Rdoríguez. A técnica do beat box e outras técnicas de expresión vocal.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.
19h - 21h.- Sesión de speed meetings entre artistas, managers e programadores na Sala Garufa. Todas as feira profesionais dan a posibilidade de ofertar a profesionais que programan en salas, festivais, Concellos
Actuacións nun espazo moi breve de tempo que se debe optimizar para acadar contratos.
Contamos coa presenza de programadores de salas (Aturuxo, Super 8
) e festivais como o Son Rías Baixas, PortAmérica, entre outros. Dirixido a artistas locais e managers de bandas locais que desexen participar.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.
Mércores 12 de decembro
11h - 13h30.- Clase maxistral: Luis Pastor. Composición de cancións.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.
17h - 18h15.- Obradoiro formativo MAV. Planificación estratéxica para bandas e artistas.
Imparte: Patricia Hermida: manager de Agoraphobia, Heredeiros da Crus
18h15 - 19h30.- Mesa Redonda. Como chegar aos medios de comunicación co teu proxecto musical. Como aproveitar ao máximo as oportunidades nunha entrevista.
Intervirán: Patricia Godes, xornalista eldiario.es e M21 Emisora Municipal de Madrid, e escritoria; Carlos Crespo, suplemento fugas de La Voz de Galicia; e Pepe Cunha. Responsable de Ábrete de Orellas /web e programa radiofónico). Premio Martín Códax ao Mellor proxecto de comunicación 2016 e 2018.
20h00 - 21h.- Entrevista aberta no arufa Club cos Premios Honoríficos dos Premios Martín Códax da Música Galega: Xoán Piñón e Quique Alvarado. Mención especial a Antonio Cruz Arévalo El Peri).
Xoves 13 de decembro
11h - 13h30.- Clase maxistral: Sumrrá e Inés Portela (representante da banda). Jazz, improvisación e xestión de actuacións a nivel nacional e internacional.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.
17h - 18h15.- Mesa redonda. O Estatuto do Artista. A súa importancia no futuro das diversas profesións artísticas.
Intervirán: Berta Ojea, de Unión de Actores-Vogal de Igualdade; Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual; Xacobe Martínez Antelo, representante de MAV na Plataforma de seguemento do estatuto.
18:30h.- Inauguración na Casa Museo María Pida da exposición fotográfica Soundtrack de Juan Pérez Fajardo. Exposición que recolle retratos de grandes artistas nacionaios e internacionais. Visita guiada co autor.
19h 20h.- Charla de Juan Pérez Fajardo sobre a importancia da fotografía nunha carreira musical e as características que debe ter unha boa sesión fotográfica de estudio e de directo.
Venres 14 de decembro
17h - 18h.- Mesa redonda. Salas de concertos e festivais. A convivencia (im)posible?
Participarán: Nuria Varela, sala O Con do Moucho (Illa de Arousa) e Pepe Doré, da sala Garufa Club e Vicepresidencia da Asociación Galega de Salas privadas de Música ao vivo, Clubtura.
Participarán: Manu Araújo dos festivais Arteficial (Rivadabia), Vive Nigrán (Nigrán), UkPDAY (con Gato Cósmico en Rivadabia), Ribeiro Blues & wine
E un representante do Festival de Pardiñas, Asociación Cultural Xermolos.
18h15 - 19h30.- Mesa redonda. Políticas públicas de apoio ao sector da música desde diversas administracións. O Turismo Cultural e a súa importancia estratéxnica na cidade. Festival Noroeste Estrella Galicia e redes culturais.
Participarán: José Manuel Sande, Concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Representante da Sección de Cultura da Deputación da Coruña, e Lanzada Calatatud, Xerente do Consorcio de Turismo de A Coruña.
Sábado 15 de decembro
Rúa Cega pero non xorda. Homenaxe a Discos Portobello e Jazz Filloa, ambas fundadas en 1980 na mesma rúa que continúa.
13h.- Pasarrúas Musical a cargo de Revival Stompers (Swing). Saída do Palco da Música nos xardíns Méndez Núñez. Percorrido pola Rúa Real, Barrera e fin en Rúa Cega.
14h.- Discurso homenaxe e descubrimento da placa conmemorativa. Romería e festa con música e empanada.