Noticias

O IES Terras de Trasancos de Narón e o CPI do Toural de Vilaboa, galardoados na no Premio de Educación para o Desenvolvemento 'Vicente Ferrer'

Na X edición do Premio de Educación para o Desenvolvemento 'Vicente Ferrer' foron galardoados o IES Terras de Trasancos de Narón (A Coruña), por un proxecto titulado 'Árbore de Trasancos' e o CPI do Toural de Vilaboa (Pontevedra), polo proxecto titulado 'Mellores persoas para o mundo'. Este premio recoñece cada ano a quince centros docentes públicos pola realización de accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espírito crítico.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiron á entrega da X edición do Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer “

Jesús Gamallo asistiu á entrega de premios, onde foron galardoados o IES Terras de Trasancos de Narón (A Coruña), por un proxecto titulado “Árbore de Trasancos” e o CPI do Toural de Vilaboa (Pontevedra), polo proxecto titulado “Mellores persoas para o mundo”. Segundo indicou, co premio outorgado ambos centros que deixan patente o seu compromiso coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

O acto, celebrado en Madrid, estivo organizado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e estivo presidido pola directora da AECID, Aina Calvo.

Cada ano, os premios “Vicente Ferrer” recoñecen a quince centros docentes públicos pola realización de accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a sensibilizar, concienciar e desenvolver o espírito crítico. Ademais de para fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e co desenvolvemento humano e sostible.

O premio é de carácter formativo e consiste nunha viaxe de dous docentes de cada un dos centros premiados á República Dominicana para participar no “Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento” que se celebrou entre o 24 de novembro e o 2 de decembro pasados na República Dominicana baixo o auspicio da AECID.

R., 2018-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES