Noticias

O vinícola é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia e vende no exterior arredor do 20% da súa produción total

O vitivinícola é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia, acadándose un nivel de vendas no exterior de arredor do 20% da produción total. A última vendima medrou por riba do 4% en relación coa campaña de 2017 ata situarse, con 64 millóns de quilos, como a segunda máis abondosa da historia, tras a do ano 2011. En toda Galicia, no marco das súas cinco denominacións vinícolas, traballan uns 15.000 viticultores e funcionan case 450 adegas, xerando un valor económico estimado anual que supera os 210 millóns de euros.

O vitivinícola é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia, acadándose un nivel de vendas no exterior de arredor do 20% da produción total. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa intervención no acto de nomeamento de novos membros da Confraría do viño do Condado do Tea e espumosos, celebrado hoxe en Salvaterra de Miño.

Neste mesmo sentido, o titular de Medio Rural salientou os datos positivos da última vendima, que medrou por riba do 4% en relación coa campaña de 2017 ata situarse, con 64 millóns de quilos, como “a segunda máis abondosa da historia, tras a de 2011”, remarcou José González.

Así, o conselleiro avogou por contemplar o eido do viño como un sector económico “que xera emprego e riqueza, ademais de contribuír ao aproveitamento dos nosos recursos endóxenos, como son a terra ou o clima”. Para reafirmar este carácter, lembrou que “en toda Galicia, no marco das súas cinco denominacións vinícolas, traballan uns 15.000 viticultores e funcionan case 450 adegas, xerando un valor económico estimado anual que supera os 210 millóns de euros”.

Por todo isto –sinalou José González–, “temos que estar moi orgullosos do que representa o viño para o noso agro e seguir esforzándonos para continuar mellorando a súa calidade e proxección exterior”. Engadiu que “por extensión, debemos estar moi satisfeitos do noso medio rural”. Por último, en relación coa festa do viño espumoso de Salvaterra de Miño, o conselleiro salientou a súa consolidación tras cinco edicións desta celebración e polo feito de contar xa con oito adegas diferentes.

Confraría do Viño do Condado

A Confraría do Viño do Condado do Tea céntrase na promoción dos caldos desta subzona das Rías Baixas e está integrada por arredor de 100 confrades, entre membros numerarios e de honra, a maior parte deles vinculados ao mundo do viño. Nesta xuntanza, que coincide coa quinta festa do viño espumoso de Salvaterra de Miño, nomeáronse como novos membros da entidade o profesor Pablo Saa, do CIFP A Granxa de Ponteareas, e José Domingo Garrido Pérez, responsable comercial de Adegas Galegas do grupo Martín Códax.

R., 2018-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES