Noticias

As Universidades de Santiago e Vigo participarán nos consorcios europeos de investigación para impulsar proxectos de bioloxía mariña e descubrimento de fármacos

A Universidade de Vigo participará no consorcio europeo Embrc centrado na bioloxía e economía mariña co proxecto da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, única a nivel mundial para investigar en acuicultura sobre os efectos do cambio climático, e a Universidade de Santiago participará no consorcio Openscreen a través da plataforma Innopharma para o descubrimento temperá de fármacos. Estes consorcios teñen un triplo obxectivo: axudar aos grupos de investigación europeos a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello, a autorización de dous convenios de colaboración entre a Xunta e as universidades de Vigo e Santiago de Compostela para facilitar a súa participación por primeira vez en dous Consorcios Europeos para as Infraestruturas de Investigación por un valor aproximado de 560.000 euros, dos que a Xunta achegará a metade.

En concreto, detallou que a Universidade de Vigo participará no consorcio europeo Embrc centrado na bioloxía e economía mariña co proxecto da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, única a nivel mundial para investigar en acuicultura sobre os efectos do cambio climático. Mentres que, a Universidade de Santiago de Compostela, dixo, participará no consorcio Openscreen a través da plataforma Innopharma, liderada polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Loza, para o descubrimento temperá de fármacos.

A este respecto, o titular do Goberno galego sinalou que estes consorcios teñen un triplo obxectivo: axudar aos grupos de investigación europeos a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados competitivos.

Feijóo lembrou ademais que este novo paso de cara á excelencia da investigación científica galega, súmase á resolución hai dúas semanas da quinta edición do Programa de Unidades Mixtas de Investigación (UMI).

R., 2018-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES