Noticias

O Sergas convoca 512 prazas de médicos na súa oferta pública de emprego para 2018 e reforza a aposta pola atención primaria

O Servizo Galego de Saúde convocará un total de 1.400 prazas na súa oferta pública de emprego de persoal estatutario deste ano. Nesta convocatoria de oferta pública de emprego esgótase a taxa de reposición do 100%. Destas prazas, 512 corresponden a licenciados sanitarios e delas 116 destínanse a atención primaria, nas categorías de médicos de familia, pediatría e odontoloxía. Tamén se convocan prazas de especialistas para enfermería, cun total de 86 postos para enfermería familiar e comunitaria, enfermería pediátrica, enfermería de saúde mental e enfermería obstétrico-xinecolóxica.

O Servizo Galego de Saúde convocará un total de 1.400 prazas na súa oferta pública de emprego de persoal estatutario deste ano, segundo lle comunicou esta mañá a directora xeral de Recursos Humanos do departamento sanitario autonómico, Margarita Prado Vaamonde, aos sindicatos en mesa sectorial. Nesta convocatoria de oferta pública de emprego esgótase a taxa de reposición do 100%

Destas 1.400 prazas, 512 corresponden a licenciados sanitarios e delas 116 destínanse a atención primaria, nas categorías de médicos de familia, pediatría e odontoloxía. O Servizo Galego de Saúde aposta deste xeito por reforzar a atención primaria, xa que tanto pediatría no primeiro nivel asistencial como médicos de familia son as dúas categorías que máis prazas ofertan nesta convocatoria.

Enfermería especializada

Tamén se convocan prazas de especialistas para enfermería, cun total de 86 postos para enfermería familiar e comunitaria, enfermería pediátrica, enfermería de saúde mental e enfermería obstétrico-xinecolóxica. O Sergas foi un dos primeiros servizos de saúde en incluír as categorías de especialistas en enfermería familiar e comunitaria e enfermería pediátrica; así se fixo polo decreto 81/2016, do 23 de xuño, pola que se crea no ámbito do Sergas a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista. Estas prazas englóbanse dentro das 659 ofertadas a diplomados sanitarios e de formación profesional. Completan a oferta as 229 prazas de xestión e servizos.

R., 2018-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES