Noticias

120 nenos e nenas da Rede de Voluntarios Enerxéticos presentan estudos para o uso racional e sustentable da enerxía no marco do programa 'Geoatlantic'

O proxecto Geoatlantic continua coas súas accións de divulgación da importancia do uso das enerxías renovables e do consumo responsable na cidade de Ourense. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción económica presentou os traballos de tres centros educativos de Ourense (CEIP Seixalbo, CEIP A Ponche, e Concepción Arenal) no desenvolvemento de guías para ensinar e sensibilizar sobre o consumo enerxético e a necesidade de apostar pola enerxía renovable, en especial pola enerxía xeotérmica.

O alumnado, convertido na Rede de Voluntarios Enerxéticos, desenvolveu un traballo baseado nunha metodoloxía nova, que parte de que os propios alumnos “investigan” os riscos do mal uso da enerxía e “descobren” cales deben ser as medidas para tomar. Ademais, o alumnado preparou un catálogo de boas prácticas e recomendacións para que outros centros educativos poidan tomar medidas. Estas recomendacións tamén serven para outros edificios públicos e vivendas privadas e en xeral para todos os cidadáns que queiran e aposten pola sensibilización ambiental e enerxética.

Para Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica, “esta acción axuda a que as novas xeracións sexan conscientes do potencial enerxético que temos aos nosos pés, elemento crave para o desenvolvemento presente e futuro da nosa cidade”.

Geoatlantic é un proxecto liderado desde o Concello de Ourense que busca promover o uso da enerxía xeotérmica nas comunidades europeas, en especial Ourense, por medio do desenvolvemento conxunto de ferramentas e metodoloxías para favorecer a transición enerxética no Espazo Atlántico a través da posta en marcha de ecosistemas locais favorables, para o impulso dos recursos xeotérmicos locais.

R., 2018-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES