Noticias

Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos

Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos. Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. O voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos.

Durante a inauguración do XX Congreso Estatal de Voluntariado 2018, Feijóo destacou e agradeceu a vocación de servir aos demais “e de poñer todo o voso empeño para facer unha Galicia e unha España mellor”.

Conscientes de que a suma de accións benéficas, por pequenas que parezan por separado, é capaz de cambiar o mundo, o titular do Executivo autonómico referiuse ás iniciativas postas en marcha pola Xunta para fomentar o espírito voluntario desde moi novos, entre as que destacou: a publicación do libro Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias, destinado a nenos de infantil e primaria; e a introdución no currículo de secundaria a materia de Voluntariado, que xa se imparte en dous centros educativos galegos –o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e o Colexio Divina Pastora de Ourense-, “aos que esperamos que nos vindeiros cursos se sumen outros institutos”.

Así mesmo, salientou que o voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.

Feijóo concluíu subliñando que Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. E agradeceu o labor dos comités científico, técnico e de expertos deste congreso, integrado pola Plataforma do Voluntariado de España, as tres universidades galegas e entidades sociais.

R., 2018-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES