Noticias

Presentouse en Pontevedra a undécima edición da Feira das Industrias Culturais, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro baixo o lema 'Ti marcas o compás'

A feira das industrias culturais Culturgal anunciou hoxe a programación completa que desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema Ti marcas o compás. Será a undécima edición deste evento. Un ano máis, a Asociación Culturgal, da que forman parte cinco asociacións profesionais que representan máis de 150 empresas do sector, encárgase da organización deste multitudinario evento, que o ano congrega arredor de 15.000 visitantes.

A feira das industrias culturais Culturgal anunciou hoxe a programación completa que desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema Ti marcas o compás. Será a undécima edición deste evento, que volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia como a principal entidade patrocinadora.

En concreto, este ano a Consellería de Cultura e Turismo incrementou a súa achega ata 65.000 euros (10.000 euros máis que en 2017) mediante o convenio asinado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Asociación Culturgal, organizadora da feira homónima, que reunirá máis de 80 expositores e lle proporá ao público galego 120 citas lúdicas, divulgativas e de promoción en todos os ámbitos culturais.

Así o explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación desta undécima edición, onde especificou que a estreita colaboración da Xunta con este evento esténdese, así mesmo, a unha vintena de actividades inseridas no programa de 2018 e promovidas directamente por diferentes departamentos da Consellería. Atópanse, entre elas, talleres infantís e xornadas profesionais, ademais de presentacións de publicacións, campañas de dinamización e avances de próximas accións culturais, algunhas xa vinculadas á celebración do Xacobeo 2021.

Promoción cultural aberta e diversa

“O obxectivo é participar activamente en Culturgal desde unha dobre perspectiva: deixando testemuño da colaboración da Xunta en multitude de accións culturais ao longo do ano e reivindicando o obrigado papel da Administración autonómica como promotora cultural aberta e diversa”, sinalou o responsable da Agadic, quen asistiu a este acto en representación da Consellería de Cultura e Turismo xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Participaron tamén a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carmen Fouces; o deputado de Cultura da Deputación Provincial, Xosé Leal; o presidente en funcións da Asociación Culturgal, Víctor López; e o director da feira, Xosé Aldea, quen detallou as principais novidades de 2018, entre as que destaca a estrea dunha área gastronómica ou a posta en marcha dun servizo específico de autobuses a Culturgal desde Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.

Dentro do Pazo da Cultura, a programación desenvolverase en diferentes áreas e escenarios que ocupan unha superficie de preto de 6000 m2: a Carpa, para os directos de música; o Espazo Libro, que acollerá sinaturas, presentacións, conversas e debates arredor da produción literaria; o Espazo Infantil, para os espectáculos dirixidos aos espectadores máis novos; e o Foro, un lugar heteroxéneo que o venres 30 acollerá actividades específicas para profesionais da cultura. Ademais, e por segundo ano consecutivo, o Espazo Arte Contemporánea instalarase na sala de exposicións do edificio.

Catro espectáculos especiais

Entre os espectáculos especiais programados por Culturgal 2018, o venres dedicarase ás artes escénicas coa montaxe Sofía e as postsocráticas, de Inversa Teatro, mentres que Carlos Núñez será o protagonista da noite do sábado con A irmandade dos celtas. Por último, o domingo representaranse dúas propostas para público familiar: Paio e o poder da música, de Oviravai, e A cada do terror, de Xoán Curiel. As entradas para estas funcións xa están á venda a través do web www.ticketea.com.

Un ano máis, a Asociación Culturgal, da que forman parte cinco asociacións profesionais –Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e Empresas Galegas dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet)– que representan máis de 150 empresas do sector, encárgase da organización deste multitudinario evento, que o ano congrega arredor de 15.000 visitantes.

R., 2018-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES