Noticias

Finaliza o Mundial de Xadrez Cadete celebrado en Galicia

O Campionato Mundial de Xadrez Cadete está organizado polas federacións galega, española e internacional de xadrez, co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e o Consejo Superior de Deportes. Ademais, colaboran neste evento a asociación de empresarios Compostela Monumental, GADIS, AENA, Área Central, LaLiga4Sports e Chess24. A cerimonia de clausura contou coa presenza do presidente da Federación Internacional de Xadrez (FIDE), Arkady Dvorkovich, e os seus homólogos na federación española e galega, Francisco Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou o acerto, en todos os sentidos, que supuxo a celebración do Campionato Mundial de Xadrez sub-8, sub-10 e sub-12, que decorreu na Cidade da Cultura do 4 ao 15 de novembro. O evento, no que participaron máis de 800 nenos e nenas de case 90 países, rematou esta tarde coa entrega dos premios aos mellores xogadores de cada categoría, nun acto no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Na súa intervención durante a cerimonia, Román Rodríguez destacou o importante impacto económico que o campionato tivo para Galicia. Desde a organización, a Federación Galega de Xadrez cifraba este retorno en máis de 4 millóns de euros, principalmente para o sector turístico galego. Durante os quince días do torneo, máis de 2.000 persoas dos 5 continentes –entre xogadores, árbitros, familiares e acompañantes das federacións de cada país– tiveron ocasión de coñecer a gastronomía, e o patrimonio cultural e arquitectónico tanto de Santiago de Compostela coma doutras localidades da nosa comunidade.

O conselleiro fixo entrega, ademais, dos premios aos seis primeiros clasificados na categoría sub-10 Open, na que competiron nenos de entre 8 e 9 anos. Aproveitou a ocasión para recoñecer o esforzo dos 69 xogadores galegos –54 nenos e 15 nenas– que disputaron o Mundial. Para eles o premio non é xa estar entre os primeiros postos, asegurou, senón aproveitar ao máximo cada partida para mellorar. Un exemplo deste afán de superación é precisamente o compostelán Diego Cacheiro Blanco, que partindo do posto 118 no ranking inicial, conseguiu rematar entre os 30 mellores da categoría sub-10 Open.

A cerimonia de clausura contou coa presenza do presidente da Federación Internacional de Xadrez (FIDE), Arkady Dvorkovich, e os seus homólogos na federación española e galega, Francisco Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero. Por parte das entidades que colaboraron co Mundial de Xadrez Cadete asistiron tamén o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez Telle, así como representantes das principais empresas patrocinadoras do evento.

O Campionato Mundial de Xadrez Cadete está organizado polas federacións galega, española e internacional de xadrez, co apoio da Xunta de Galicia –a través da Fundación Cidade da Cultura e da Secretaría Xeral para o Deporte–, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e o Consejo Superior de Deportes. Ademais, colaboran neste evento a asociación de empresarios Compostela Monumental, GADIS, AENA, Área Central, LaLiga4Sports e Chess24.

R., 2018-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES