Noticias

Galicia acode á feira World Travel Market de Londres, un dos escaparates turísticos máis importantes do mundo

Londres, a capital do Reino Unido, acolle esta semana o certame turístico World Travel Market (WTM), no que se amosa a oferta turística de Galicia. Trátase dunha feira exclusivamente profesional considerada unha das citas turísticas de maior repercusión no ámbito mundial e que este ano celebra a súa trixésimo novena edición. A Comunidade galega está presente cun módulo propio da Consellería de Cultura e Turismo, de 48 metros cadrados, dentro do recinto de España. O espazo galego dispón de catro mostradores desde os que se promoverá Galicia como destino turístico, o Camiño de Santiago e o Xacobeo 21.

Ademais, disporá dunha área específica para os profesionais do sector galego na que está representado o Clúster Turismo de Galicia, cunha misión comercial para este certame.

No ámbito da demanda, cada vez son máis os británicos que buscan destinos cunha boa relación calidade-prezo en lugares que lles aporten máis valor que o meramente relacionado co produto de sol e praia. A isto hai que engadirlle unhas boas comunicacións aéreas, que en Galicia tradúcense en varias conexións de voos directos, polo que conta cun escenario moi favorable incrementar a súa cota de mercado en Gran Bretaña.

Sexto mercado

Neste sentido, nos nove primeiros meses do ano, os viaxeiros británicos que se aloxaron nos establecementos hoteleiros galegos realizaron un total de 103.829 pernoitas que sitúan ao Reino Unido como o sexto mercado en orde de importancia para Galicia por detrás de Portugal, Alemaña, Italia, EE.UU. e Francia. No que se refire ao ámbito do Camiño de Santiago, nos dez primeiros meses do ano, recibiron a Compostela 7.421 peregrinos británicos, o que supón un incremento de máis do 32% en relación ao mesmo período de 2017.

Coa presenza de Galicia neste certame, a Consellería de Cultura e Turismo continúa co seu traballo de internacionalización do destino, un dos compromisos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Con este obxectivo, a Comunidade galega está presente cada ano en máis de medio centenar de feiras e workshops internacionais ao longo do mundo.

R., 2018-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES