Noticias

Xunta e Goberno central abordan coordinadamente a preparación do Cumio Ibérico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo reuniuse hoxe en Madrid co Secretario de Estado de Política Territorial, Ignacio Sánchez Amor, a efectos de abordar as aportacións e peticións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara ao Cumio Hispano-Luso que terá lugar en Valladolid o vindeiro 21 de novembro. Os Cumios ibéricos (tamén chamados Cumios Hispano-Lusos ou Hispano-Portugueses) son reunións anuais bilaterais entre o Presidente do Goberno de España e o primeiro Ministro de Portugal. Adoitan asistir, ademais, os titulares dos departamentos ministeriais.

Durante a súa reunión no Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas, Gamallo defendeu as propostas específicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, realizadas conxuntamente entre a Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), entre as que se inclúen a importancia de avanzar na prolongación da actual liña de alta velocidade A Coruña-Vigo, en dirección Portugal, o apoio á terceira interconexión gasista entre España e Portugal, ou unha aposta decidida pola colaboración entre administracións públicas ante os desafíos relacionados co problema demográfico nunha tripla perspectiva: dinamización demográfica, loita contra a exclusión territorial e fomento do envellecemento activo; de tal forma que a dinamización demográfica e a xestión do declive poboacional que comparten estes territorios sexa un obxectivo transversal de todas as estratexias das administracións fronteirizas.

Outro dos asuntos que foi obxecto de especial atención durante a reunión co Secretario de Estado foi a aposta pola promoción conxunta do Camiño portugués a Santiago e das súas diferentes vías, como eixo vertebrador de desenvolvemento e cohesión, e coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.

Os Cumios Hispano-Portugueses

Os Cumios ibéricos (tamén chamados Cumios Hispano-Lusos ou Hispano-Portugueses) son reunións anuais bilaterais entre o Presidente do Goberno de España e o primeiro Ministro de Portugal. Adoitan asistir, ademais, os titulares dos departamentos ministeriais.

Nos Cumios trátanse asuntos de actualidade que interesan a ambos os gobernos, así como proxectos de cooperación entre os dous países. Os últimos Cumios tiveron lugar en Vidago (2014), Baiona (2015) e Vila Real (2017). En 2018 o Cumio terá lugar en Valladolid, o 21 de novembro.

R., 2018-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES