Galicia contará cunha Estratexia para a atención a persoas en situación de cronicidade para evitar a progresión destas enfermidades cara a estadios máis complexos
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade. Ademáis, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do consello a futura implantación dunha Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade co obxectivo de poder realizar un seguimento máis completo e pormenorizado destes pacientes e evitar a progresión das enfermidades crónicas cara a estadios máis complexos.
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade.
Durante a súa intervención, Feijóo tamén detallou cal será o funcionamento deste modelo. Así, sinalou que en primeiro lugar se incluirá a estes pacientes nun programa de atención á cronicidade. En segundo termo, dixo, designarase a un profesional da enfermaría ou facultativo ou a un equipo sanitario que actúe como interlocutor cos pacientes e os seus familiares. Posteriormente, explicou, realizarase unha avaliación das necesidades personalizadas de cada paciente.
E, finalmente, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado. O dito plan, que constituirá unha das principais novidades da Estratexia, recollerá á súa vez os plans terapéuticos e os obxectivos asistenciais, será xestionado polo persoal de referencia asignado e outorgará protagonismo ao paciente en todo o proceso de toma de decisións situándoo no centro de toda a estratexia.
En definitiva, concluíu, esta estratexia permitirá seguir mellorando o coidado, seguimento e autonomía destes pacientes en situación de cronicidade que precisan dunha atención sanitaria e social moi concreta.
R., 2018-10-25
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.