O trío Sumrrá representa a música galega no Womex 2018 das Palmas de Gran Canaria
A edición de 2018 de Womex (World Music Expo) arranca hoxe nas Palmas de Gran Canaria, onde a música galega soará en directo da man de Sumrrá. O trío actuará o venres á noite no Auditorio Alfredo Kraus como parte do cartel da sección Atlantic Connections, dedicado á música dos territorios conectados polo Atlántico. Considerado o maior acontecemento internacional para a difusión da música tradicional e de raíz de todo o mundo, Womex regresa este ano a España despois da súa última edición de 2017 en Katowice (Polonia) e de que levara a cabo dúas entregas anteriores en Santiago de Compostela.
O grupo compostelán, que foi seleccionado directamente pola organización do evento, viaxa ata As Palmas co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, grazas ao acordo acadado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a promotora internacional de Womex para asumir os gastos de desprazamento dos representantes galegos na carteleira de concertos.
Ademais, Galicia ten presenza desde hoxe no recinto feiral instalado en Infecar (Institución Ferial de Canarias). Faino a través de GalicianTunes, a marca da Agadic para a promoción exterior da nosa música, que ocupa un espazo de difusión propio dentro da plataforma Sounds from Spain, organizada por ICEX España Exportación e Inversiones xunto con outras institucións, entidades e colectivos do sector musical español.
Considerado o maior acontecemento internacional para a difusión da música tradicional e de raíz de todo o mundo, Womex regresa este ano a España despois da súa última edición de 2017 en Katowice (Polonia) e de que levara a cabo dúas entregas anteriores en Santiago de Compostela (en 2016 e en 2014), tamén coa colaboración da Xunta.
Sumrrá, o noso trío de jazz máis internacional, súmase agora á listaxe de bandas galegas que actuaron en Womex ao longo dos anos. Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e Lar Legido (batería) son os integrantes deste grupo que, cuns 20 anos de traxectoria, posúe unha das carreiras máis constantes e sólidas do noso panorama musical. Con concertos realizados nos cinco continentes e seis discos editados, actualmente está a presentar en directo o seu último traballo discográfico, 6 Mulleres, no que se lles rende tributo a figuras que loitaron pola causa feminista. Ademais, a crítica especializada ten eloxiado a orixinalidade das súas composicións, o virtuosismo dos seus integrantes e a contaxiosa frescura dos seus directos.
R., 2018-10-24
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.