'Pazos e xardíns de Galicia', novo paquete turístico do prestixioso operador británico Ramblers Holidays
Este paquete turístico está incluído no catálogo Adagio 2019, dentro do que figuran outras coidadas ofertas para realizar viaxes en distintas partes do mundo. Pazos e xardíns de Galicia desenvólvese ao longo de oito días de estancia no territorio galego e nel inclúese o aloxamento, a manutención e os traslados e a viaxe en avión desde Londres a Galicia.
Os viaxeiros que se decidan por esta viaxe organizada terán a oportunidade tamén de coñecer unha boa parte dos xardíns históricos de Galicia así como a Ruta da camelia.
Máis de 150 operadores turísticos británicos participan hoxe na presentación organizada pola Consellería de Cultura e Turismo do paquete Pazos e xardíns de Galicia (Pazos & Gardens of Galicia), unha iniciativa do prestixioso operador Ramblers Holidays que inclúe parte da oferta galega relacionada coa natureza, a cultura, o Camiño de Santiago, o enoturismo e o turismo urbano.
Este paquete turístico está incluído no catálogo Adagio 2019, dentro do que figuran outras coidadas ofertas para realizar viaxes en distintas partes do mundo. Pazos e xardíns de Galicia desenvólvese ao longo de oito días de estancia no territorio galego e nel inclúese o aloxamento, a manutención e os traslados e a viaxe en avión desde Londres a Galicia.
Os viaxeiros que se decidan por esta viaxe organizada terán a oportunidade tamén de coñecer unha boa parte dos xardíns históricos de Galicia así como a Ruta da camelia, na que están incluídos 12 dos mellores exemplos tanto públicos como privados de xardíns con estas árbores. O acto contou coa presenza da directora de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, da Consellería de Cultura e Turismo, Carmen Pita; Helen Nelson, representante de Ramblers Holidays, e membros da Oficina de Turismo de España en Londres.
Ademais de presentar este produto tan exclusivo de Galicia, tamén se promove a oferta turística galega en xeral, así como o Camiño de Santiago e as posibilidades que ofrecen as distintas rutas xacobeas para coñecer o territorio galego. Tamén se dará a coñecer o potencial enogastronómico galego, cun cóctel a cargo do cociñeiro galego Pepe Solla.
Demanda británica
Con esta iniciativa preténdese afondar na internacionalización do destino galego, un dos compromisos fixados na Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Neste sentido, nos oito primeiros meses do ano, un total de 43.108 viaxeiros británicos aloxáronse nos hoteis galegos, nos que realizaron preto de 83.000 pernoitas. Este é, ademais, un mercado especialmente estratéxico no Camiño de Santiago. Xa son 7.211 os británicos que peregrinaron a Santiago de Compostela, un 31,7% máis que o ano pasado.
R., 2018-10-24
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.