Noticias

Realizadas 2.387.528 exploracions do Programa galego de Detección precoz de Cancro de Mama de 1992 a 2017

Detectáronse 8.000 tumores, dos que o 92% tiñan un estadio tumoral baixo. A mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM) realizou no período 1992-2017 un total de 2.387.528 exploracións. No período que vai dende o ano 1992 ata o 2015, detectáronse preto de 8.000 cancros dentro do Programa. Cómpre destacar que o 92% destes tumores tiñan un estadío tumoral baixo e un 66% non tiñan afectación ganglionar no momento do seu diagnóstico.

Grazas ao Programa, a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado, tal e como demostra un estudo realizado cos datos desta enfermidade entre os anos 1980 e 2012. En grupos cribados cunha participación superior ao 50%, o risco de morrer por cancro de mama redúcese nun 29%. Este efecto representa un impacto positivo do programa aínda que non pode ser diferenciado totalmente doutros factores, como poden ser as melloras no tratamento do cancro de mama.

Entre os anos 1992-2016, diagnosticáronse 7.998 cancros entre as pacientes remitidas ao hospital para estudo, o que supón un valor preditivo positivo (VPP) de 12,15 % e unha taxa de detección de 3,57 cancros por 1.000 mulleres exploradas. Neste período, recomendóuselles unha valoración clínica adicional ao 2,91% das mulleres exploradas. No resto das mulleres obtívose un resultado normal da exploración mamográfica.

Ademais, estudouse a supervivencia das mulleres galegas entre 50-69 anos diagnosticadas de cancro de mama no período 1996-2009. As mulleres participantes presentaron mellor supervivencia relativa que as do mesmo grupo de idade diagnosticadas á marxe do programa (94’5% fronte ao 83’1% aos 5 anos de seguimento e 76,4% aos 10 anos de seguimento).

A participación das mulleres galegas entre 1992-2017 foi do 78,79%. A participación do programa a partir do ano 2006 é superior ao 75%, sendo o obxectivo de participación desexable establecido polas Guías Europeas de Garantía de Calidade en Cribado e Diagnóstico Mamográfico do 70%.

Ampliación do programa ata os 69 anos

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama é un programa plenamente implantado na comunidade autónoma galega. Compre destacar os esforzos realizados para adaptar a capacidade do programa ás novas evidencias que foron xurdindo, como a ampliación da cobertura ata os 69 anos de idade. Ata o ano 2004 a poboación á que ía dirixido o Programa eran todas as mulleres residentes en Galicia de 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir do 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009.

O cancro de mama segue a ser a o tumor feminino máis frecuente e a primeira causa de morte por cancro en mulleres da Unión Europea. Para abordar este problema, a Consellería de Sanidade puxo en marcha en 1992 o Programa galego de detección precoz do cancro de mama que vén de cumprir 25 anos. Desde aquela, o Programa foise estendendo ata cubrir no ano 1998 o 100% da poboación obxectivo.

A proba básica de cribado é a mamografía. Realízanse dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua-medio-lateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben a información por carta personalizada, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción. Na mesma facilítaselles unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e ademais, dous días antes da cita chámase á muller por teléfono para confirmala.

R., 2018-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES