Noticias

Ponse en marcha o programa 'Destino: Peme Dixital', un itinerario formativo para a dixitalización de pemes, micropemes e autónomos

A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanza “Destino: PemeDixital”, un programa que abarca iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders. Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo. Profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro.

O programa foi presentado hoxe nunha xornada inaugurada pola directora da Amtega, Mar Pereira, que sinalou que a dixitalización é un reto inaprazable que debe alcanzable para todos, especialmente en Galicia, onde máis do 96% das empresas teñen menos de 10 traballadores. De aí este conxunto de iniciativas para poñer ao alcance do tecido empresarial galego tecnoloxías accesibles vinculadas ao seu negocio que lles faciliten este proceso de transformación para ser máis competitivos.

A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanza “Destino: PemeDixital”, un programa que abarca iniciativas adaptadas ás realidades de cada negocio, con tres tipos de actuacións, DixitalOn, AceleraTIC e eLeaders.

DixitalOn: Motivación para a Transformación Dixital

Un programa de actividades de capacitación en establecementos rurais galegos, durante estadías de fin de semana, dirixidos a autónomos e micropemes para explorar as motivacións de impulsar a transformación dixital dos seus negocios. Están programadas dúas estadías, no mes de novembro, do 9 ao 11 de novembro na Ribeira Sacra e do 23 ao 25 de novembro nas Fragas do Eume.

Desta forma, aproveitando o efecto tractor de experiencias de lecer no rural galego, desenvólvense actividades de sensibilización baseadas en dinámicas de grupo innovadoras, como Lego Serious Play y Visual Thinking xunto con visitas as instalacións de pemes que están acometendo procesos de dixitalización e coñecer in-situ os resultados.

O prazo de inscrición para a primeira estadía prevista é do 10 ao 23 de outubro a través da web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-RibeiraSacra, e do 10 de outubro ao 9 de novembro para a segunda das estadías https://cdtic.xunta.gal/DixitalOn-FragasDoEume. Tamén se poderán realizar inscricións a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal .

AceleraTIC: Constrúe o camiño da transformación dixital

Un programa de actividades de formación dirixido a responsables dos niveles operativos das pemes, cuxo obxectivo é proporcionar as ferramentas precisas para construír unha folla de ruta que lles permita afrontar o desafío da transformación dixital, cun enfoque práctico e baseado en casos de éxito. As inscricións pódense realizar do 10 ao 21 de Outubro na web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018 ou do correo electrónico cdtic@xunta.gal

eLeaders ToDixital: Lidera a transformación dixital

Este programa formativo dirixido a persoal executivo que posibilite un cambio de “mindset” das empresas cara un pensamento “dixital” aliñado as necesidades estratéxicas. Este cambio debe ser impulsado por líderes que comprendan os cambios nos modelos de negocio e de xestión que requiren os procesos de transformación dixital. Este programa está previsto que se desenvolva no primeiro trimestre de 2019.

Xornada de presentación

Na xornada de presentación participou o experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo. Profesor do Instituto de Empresa Business School e socio fundador da axencia Good Rebels. Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expuxeron as súas experiencias.

R., 2018-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES