Lanzado o programa de formación 'Destino: Peme Dixital' para axudar ás pemes, micropemes e autónomos a liderar a súa transformación dixital
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa Destino: Peme Dixital, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, será o encargado de ofrecer o relatorio principal. Profesor do Instituto de Empresa Business School, socio fundador da axencia Good Rebels, Polo impartirá unha conferencia titulada Achegándonos ao Universo dixital. Unha mensaxe inspiradora centrada nas características da nova sociedade conectada, coas claves necesarias para entender como a transformación dixital impacta na xestión de equipos e organizacións.
Casos de éxito de empresas locais
Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expoñerán as súas experiencias neste proceso. Casos de éxito reais e próximos como exemplo para outros empresarios e unha boa oportunidade para compartir inquietudes, dúbidas, problemas e expor solucións nunha contorna creativa e colaborativa con empresas similares entre si.
Ao longo da mañá informarase tamén aos asistentes das distintas accións que conforman o programa Destino: PemeDixital. Unhas novas e outras, como o Acelera-Tic na súa xa terceira edición, que volve, renovado, cun novo formato para adaptarse ás necesidades e inquietudes detectadas entre os profesionais galegos.
R., 2018-10-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.