Noticias

O 061 de Galicia iniciou a súa actividade desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias na Estrada

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 iniciou esta noite a súa actividade desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) na Estrada con total normalidade. Ás 23:30 horas da pasada noite comezou a funcionar a central de coordinación situada no CIAE ao tempo que continuaba activa a central de coordinación de San Marcos en Santiago. Progresivamente, a central da coordinación do 061 no CIAE foi incrementando a súa actividade ata as 02:00 horas, en que as urxencias e emerxencias sanitarias da Comunidade pasáronse a atender unicamente desde a central de coordinación na Estrada.

A central de coordinación do 061 de Galicia recibiu a primeira chamada de asistencia sanitaria ás 23:32 procedente do Punto de Atención Continuada de Moaña. A primeira demanda sanitaria atendida correspondeu a un servizo no que se atendeu a unha persoa que necesitaba atención sanitaria urxente na vía pública no concello de Vilalba. En total, entre as 23:30 e as 08:00 desta mañá a central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 461 chamadas.

Equipo humano

Co obxectivo de garantir a eficiencia na asistencia sanitaria urxente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contou durante a pasada noite cun equipo humano composto por seis teleoperadores, ata as 02:00 da mañá, e catro teleoperadores, ata as 08:00 horas; dous locutores, ata as 02:00 horas; un formador, e tres médicos e un enfermeiro en ambas as dúas centrais de coordinación.

O cambio de traballo de persoal de administración comezou onte coa incorporación ao centro da Estrada do persoal do Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información e hoxe incorporouse parte do persoal de administración. Está previsto que para o próximo día 15 estea traballando todo o persoal administrativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no Centro Integral de Atención ás Emerxencias.

Deste xeito, a Consellería cumpre o acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se establecía o cambio do centro de traballo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública co obxectivo de que a Comunidade Autónoma galega contase cun Centro Integral de Atención ás Emerxencias para garantir á poboación galega unha atención coordinada, eficaz e rápida en calquera lugar e situación.

R., 2018-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES