Noticias

O IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil analiza o papel da lectura como ferramenta de equidade

Baixo o título “A lectura como ferramenta de equidade” chega á súa cuarta edición o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que cada ano organiza a AELG. A primeira das sesións desta edición centrada na igualdade correrá a cargo da narradora Ledicia Costas, que o 2 de outubro falará de “Luces e monstros, da realidade á fantasía”. O día 9 será a quenda de María Lado, que explicará “Como pode a litertura cambiar (un pouco) a túa vida”. Outra poetisa, Yolanda Castaño, collerá o relevo o día 16 para falar de “Chaves en letra miúda”. O 23 será a quenda de Carlos Negro coa conferencia “Versos para especies diversas (menú de aula)”.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á tarde, no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo, na apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Valentín García explicou que “a lectura non é só unha fonte de pracer e de entretemento, senón que serve para abrirnos as portas do coñecemento: do coñecemento da propia lingua en que está escrita, da mellora da comprensión lectora, pero tamén do acceso a información sobre xeografía, historia, bioloxía... cultura e ciencia en xeral”. Por este motivo, o secretario xeral considerou “que é fundamental animar os rapaces e rapazas a ler, recomendarlles bos libros que os enganchen á literatura e facilitarlles o acceso a textos interesantes en galego, que temos moitos e de gran calidade”.

O titular da Secretaría de Política Lingüística, agora adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, estivo acompañado na mesa inaugural pola decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar García Señorán; o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a profesora coordinadora do ciclo, Isabel Mociño González. Tamén participou no acto a xefa territorial, María Luz Fernández.

A lectura como ferramenta de equidade

Baixo o título “A lectura como ferramenta de equidade” chega á súa cuarta edición o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que cada ano organiza a AELG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A primeira das sesións desta edición centrada na igualdade correrá a cargo da narradora Ledicia Costas, que o 2 de outubro falará de “Luces e monstros, da realidade á fantasía”. O día 9 será a quenda de María Lado, que explicará “Como pode a litertura cambiar (un pouco) a túa vida”. Outra poetisa, Yolanda Castaño, collerá o relevo o día 16 para falar de “Chaves en letra miúda”. O 23 será a quenda de Carlos Negro coa conferencia “Versos para especies diversas (menú de aula)”. O ciclo pecharase o vindeiro 30 de outubro co relatorio “Cambiar coas palabras”, de Esther F. Carrodeguas.

Todas as sesións terán lugar ás 18.00 horas na sala multiúsos Emilia Pardo Bazán, situada no Edificio Facultades do Campus das Lagoas, en Ourense.

Colaboración coa AELG

O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil é froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a AELG.

A cooperación entre ambas as entidades posibilita ademais outras actividades de divulgación da literatura escrita na lingua propia de Galicia, tales como as visitas de escritores a Centros de Estudos Galegos dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o XV Curso de Formación Continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora” ou a gravación de entrevistas para o Centro de Documentación de Escritores do web da AELG, entre outras.

R., 2018-10-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES