O ciclo 'Cultura no Camiño' pecha 2018 con máis de 90.000 espectadores e 340 actuacións en 103 concellos
Máis de 90.000 espectadores e 340 actuacións escénicas e musicais en 103 concellos de Galicia é o primeiro balance do ciclo Cultura no Camiño, que arrancou o pasado mes de abril e que pecha hoxe a súa programación cun concerto do grupo Treixadura, en Valga, ao que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Esta iniciativa, que vai xa pola súa sexta edición, está promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, e volveu contar, ademais, co patrocinio de Gadis.
Máis de 140 compañías en cartel
Esta sexta edición do ciclo mantivo como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano foron 142 as formacións artísticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañías coas que esta iniciativa se puxo en marcha en 2013.
A programación desenvolveuse nos meses centrais do ano para coincidir co período de maior auxe das peregrinacións e, deste xeito, contribuír tamén a enriquecer o programa turístico dos concellos participantes. Para conseguilo, Cultura no Camiño contou en 2018 cun investimento de 570.600 euros, asumido pola Xunta de Galicia e mais os concellos participantes, que costean parte dos cachés artísticos
R., 2018-10-01
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.