O sector hoteleiro galego mellorou en agosto as súas tarifas e rendibilidabe tras acadar a estadía media máis alta en oito anos
Máis de 634.000 turistas aloxáronse o pasado mes de agosto nos establecementos hoteleiros de Galicia, onde realizaron preto de 1,5 millóns de noites. Son viaxeiros que atoparon motivos para permanecer máis tempo na nosa Comunidade, pois a estadía media experimentou unha mellora do 3%, acadando así o dato máis elevado en oito anos e favorecendo a evolución de diversas variables cualitativas. En concreto, o sector hoteleiro galego viu melloradas un 3,7% as súas tarifas no oitavo mes do ano de acordo cos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Este feito, unido a diversos aspectos, permitiu que os empresarios optimizaran a súa rendibilidade medida a través do RevPAR, ingreso medio por habitación dispoñible.
Este parámetro subiu un 1,3% ata a cifra máis alta da década contribuíndo a un turismo de maior calidade.
Galicia avanza así no crecemento do último lustro despois de que en 2017 se superaran os máximos históricos de viaxeiros e de pernoitas. Neste caso, 2018 amosa un comportamento máis moderado que os récords do ano pasado, pero superior á serie histórica anterior.
Coas cifras de agosto, os hoteis galegos suman xa máis de 2,8 millóns de turistas aloxados e 5,8 millóns de noites, con notables avances novamente tanto nos prezos como na estadía.
Así, no período comprendido entre xaneiro e agosto, os ingresos do sector estímanse en arredor de 200 millóns de euros, coa súa correspondente repercusión no desenvolvemento socioeconómico de diferentes xeodestinos da Comunidade e na xeración de emprego.
Un 8% máis de peregrinos
No eido particular do Camiño de Santiago, a día de hoxe supéranse os 270.000 peregrinos, o que supón un 8,5% máis que en 2017. Trátase de persoas de 169 nacionalidades distintas e que chegan de forma diversificada a través dos diferentes itinerarios xacobeos oficiais.
R., 2018-09-25
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.