Noticias

Galicia será a comunidade convidada na 35 edición da Feira de Artesanía da Rexión de Murcia

Galicia será a Comunidade convidada na 35 edición da Feira de Artesanía da Rexión de Murcia, Feramur, que se celebra en Lorca entre o 27 e o 30 de setembro. Artesanía de Galicia participa cun stand institucional con pezas de 49 obradoiros artesáns e con 8 expositores presenciais. Entre estes está o gañador do Premio Artesanía de Galicia 2017, o obradoiro de xoiaría Ferraxe de Prata (Teo). Ademais, poderase ver o traballo da Asociación de Redeiras Artesás de Corme (Ponteceso), Soledad Mato (Santiago de Compostela), Comocuando (Vigo), Mar Barral (Catoira), Chueco (A Coruña), Crisol de Abril (Fene) e A Candelaria (Negreira).

No stand institucional da marca Artesanía de Galicia amosarase tamén unha escolma con pezas de 49 obradoiros artesáns, que representan a heteroxeneidade e a riqueza do sector artesán galego. En Feramur poderase ver unha mostra de artesanía tradicional a través das pezas de cestería de Antonio Suárez Dávila (Vigo), as figuras de San Andrés de Teixido elaboradas por Jorge Bellón (Cedeira), os instrumentos de música de Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela), e os coitelos de forxa de Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada) e Jomaca (Riotorto).

Nesta escolma tamén haberá olería representativa dos catro centros oleiros tradicionais activos en Galicia a través de Rectoral de Gundivós (Sober); Alfarería Aparicio, Alfarería Lista e Alfarería Rulo de Buño (Malpica de Bergantiños); Alfarería Agustín, de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e Olería de Bonxe (Outeiro de Rei).

As pezas de cerámica e de olería contemporánea que se poderán ver no stand de Artesanía de Galicia están elaboradas polos obradoiros Arobe Cerámica (A Coruña), Carlos San Claudio (Vigo), Carmen Labrador (Malpica de Bergantiños), Cerámica Suve (Cangas), Cerámica Unzueta (Brión), Fani Sánchez Barreiro (A Coruña), Fernando Porto (A Estrada), Laura Delgado (Cambre), Lucía Catuxo (Trabada), Nacho Porto (Carnota), Ojea Studio (Vigo), Olería Pepe Otero (A Coruña), Regal Cerámica (Viveiro), Verónica Moar (A Coruña) e Víctor Ares (A Coruña), así como a xoiería cerámica dos obradoiros de Leónlagata (Sanxenxo) e Marta Armada (Vigo), gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2015.

O tecido estará representado polos obradoiros Artefíos (A Coruña), Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas), Concha Canoura (Culleredo) e Marina Seoane (Oleiros). A xoiería e a ourivería que se amosarán en Murcia pertencen aos obradoiros Druída Orfebre (A Estrada), Katuxa Platero (Santiago de Compostela) e Susi Gesto (Santiago de Compostela). Os representantes do traballo na madeira serán Artesanía Ferradáns (A Estrada), Atalanta Madeira (A Estrada), Cunqueiro (Palas de Reis) e Lorenzo Design (Santiago de Compostela). En canto ao coiro, as pezas están elaboradas polos obradoiros Coiraxe (Vigo), Corzo Artesanía (Arzúa), Jatafarta (Santiago de Compostela) e Media Lúa (O Rosal).

O stand da marca Artesanía de Galicia en Feramur complétase cos zocos do obradoiro de Elena Ferro (Vila de Cruces), os xoguetes de madeira de Artesanía Silvent (Caldas de Reis), o téxtil serigrafiado dos obradoiros APAMP (Vigo) e Estudio Estampa (Mondoñedo), as pezas de origami de Mimadriña (Fisterra) ou as pezas elaboradas con redes polas redeiras Illa da Estrela de Corme (Ponteceso), que participan tamén cun stand propio.

Feramur está considerada unha importante plataforma de promoción e de comercialización dos produtos artesanais na Rexión de Murcia, que serve para potenciar a imaxe da artesanía de calidade. Este ano estrea o recinto feiral da Institución Feiral de Lorca (IFELOR), cuxas instalacións permitirán darlle ao evento un novo formato, ampliar o espazo para obradoiros en vivo, demostracións, eventos e servizos para os expositores, así como para o concurso de olería Artelor, que este ano celebra a súa quinta edición.

A Feira de Artesanía da Rexión de Murcia celebrarase do 27 ao 30 de setembro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 22:30 horas. Coa participación neste evento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria aposta polo impulso á promoción exterior da artesanía galega e a busca de novos mercados.

R., 2018-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES