A Festa do Albariño de Cambados, recoñecida como a décima festa de interese turístico internacional en Galicia
Deste xeito, únese á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona. A Festa do Albariño de Cambados é unha das celebracións vitivinícolas máis antigas de Galicia e a segunda de España, e conseguiu afianzarse nos últimos anos como gran expoñente do potencial enogastronómico da Comunidade.
A Xunta expresa a súa satisfacción logo de que a Festa do Albariño de Cambados veña de ser declarada de Interese Turístico Internacional, un recoñecemento polo que Galicia traballou nos últimos anos. A Comunidade suma así dez festas con esta distinción, a máxima que se pode acadar no eido turístico.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo outorga esta declaración despois de que o Goberno galego remitira o correspondente expediente favorable, culminando o proceso que vén apoiando nos últimos anos. O Albariño de Cambados convértese así na primeira festa enogastronómica galega en ser recoñecida como de Interese Turístico Internacional.
Deste xeito, únese á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona.
No modelo turístico galego, estas celebracións ocupan un lugar destacado. Por iso, a Xunta mantén unha colaboración estable, dedicando tamén ao completo unha das 11 liñas da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 a potenciar os valores que fan diferente o destino galego, onde se inclúe o coidado do enfoque turístico das celebracións festivas galegas.
A Festa do Albariño de Cambados trátase dunha das celebracións vitivinícolas máis antigas de Galicia e a segunda de España, que conseguiu afianzarse nos últimos anos como gran expoñente do potencial enogastronómico da Comunidade. É, ademais, pioneira xa que no seu día se converteu na segunda festividade de Galicia en ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional e na primeira da provincia de Pontevedra en conseguilo.
Festas como o Albariño de Cambados son un dos máis importantes recursos turísticos cos que conta Galicia, que suma 141 distincións entre as de Interese Turístico Internacional (dez), as de Interese Turístico Nacional (11) e as de Interese Turístico de Galicia (120).
R., 2018-09-12
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.