Galicia pechou o primeiro semestre sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas
Galicia pechou o primeiro semestre do ano sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, ao acadar un período medio de pago de 11 días, fronte aos 33 días de media autonómica, segundo os datos oficiais referentes ao mes de xuño publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do semestre, o período medio de pago de Galicia baixou ata os 10,9 días, é dicir, dous días mellor que no mes de maio e case 20 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal. Pola contra, a media autonómica situouse en 33,4 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 22 días antes que o conxunto das comunidades.
Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as comunidades autónomas. Pese a este cambio, Galicia mantense como a comunidade que mellor paga aos provedores que traballan coa Xunta.
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,10%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial de Galicia é a terceira parte que a da media autonómica (0,35%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador ata rebaixalo aos 63,8 millóns de euros.
Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
R., 2018-09-11
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.