Galicia consolida a educación pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos
Neste curso 2018-2019 un total de 267 centros e 18.000 alumnos, un 70% e máis dun 50% máis que o curso pasado, respectivamente, empregarán o libro dixital e se beneficiarán do paquete de melloras que se comezou a implantar de xeito progresivo o pasado curso e que se completará neste coa incorporación de novos provedores de contidos, coa posta en marcha dun servizo para que sexan os propios profesores quen creen contidos educativos dixitais, que se chamará DIXIT, e coa entrada en funcionamento dun servizo de soporte premium para os alumnos, familias e profesores que prestará atención remota as 24 horas e os 7 días da semana.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a consolidación da Educación Pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos.
Cunha achega de 14,8 millóns de euros, Feijóo aseverou que poderán acceder a estes equipos os novos centros do Proxecto Abalar que se incorporen ao uso do libro dixital. Deste xeito, o acordo permitirá comprar os equipos que se precisen, en función das necesidades e da evolución desta iniciativa.
Durante a rolda de prensa, o responsable do Goberno galego resaltou que neste curso 2018-2019, un total de 267 centros e 18.000 alumnos, un 70% e máis dun 50% máis que o curso pasado, respectivamente, empregarán o libro dixital e se beneficiarán do paquete de melloras que se comezou a implantar de xeito progresivo o pasado curso e que se completará neste:
-A incorporación dun novo provedor de contidos, a Editorial Planeta, que se suma ás 750 unidades didácticas dos provedores Netex Learning e Edebé.
-A contratación dun cuarto provedor de contidos para a materia de Inglés.
-A posta en marcha do servizo para que sexan os propios profesores quen creen contidos educativos dixitais, que se chamará DIXIT.
-A entrada en funcionamento dun servizo de soporte premium para os alumnos, familias e profesores que: prestará atención remota as 24 horas e os 7 días da semana e atención presencial en 64 puntos repartidos por toda a xeografía galega grazas á colaboración con pemes do sector TIC.
O presidente da Xunta concluíu lembrando que grazas á iniciativa Escolas conectadas, na que a Xunta e o Goberno central están a investir máis de 17 millóns de euros, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso, o primeiro da historia da comunidade, cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas.
R., 2018-09-07
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.