Noticias

Ponse en marcha o Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores cunha traxectoria consolidada

Trátase dun programa para impulsar o retorno de investigadores, doutores e profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas na área de I+D+I. Desenvolverán proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitario e centros tecnolóxicos. Este novo programa está incluído no Plan Galicia Innova e compleméntase con outros como o Oportunius ou o programa Principia, que ten permitido desde a súa posta en marcha a incorporación de 372 profesionais menores de 35 anos en 158 entidades.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello da posta en marcha do novo Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores doutores e profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas na área de I+D+I. Desenvolverán, dixo, proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitario e centros tecnolóxicos.

Durante a súa intervención, Feijóo precisou que esta iniciativa está dirixida a persoas con máis de cinco anos de experiencia, co obxectivo de chegar a unhas 15 contratacións e cun investimento inicial de preto dun millón de euros, ampliable.

Deste xeito, as entidades interesadas contarán cun incentivo de 64.000 euros por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos, e deberán achegar ao profesional que se incorpore ao organismo un salario de cando menos 40.000 euros brutos por anualidade.

Así mesmo, a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, esixe a excelencia das propostas, e só se terán en conta aquelas que alcancen unha puntuación mínima do 60% do total dos puntos establecidos no baremo.

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta subliñou que entre outros criterios, valorarase: o perfil da persoa a contratar, a súa experiencia e traxectoria internacional, a presentación dun plan de igualdade de xénero no equipo do proxecto e que a persoa contratada sexa muller e as contratacións indefinidas.

Co fin de estimular a demanda de profesionais de alta cualificación tanto no sector público como no privado, Feijóo aseverou que dos 15 contratos previstos para este ano, nove están reservados a empresas e seis a organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos. E o programa terá carácter retroactivo, de xeito que poderá optar o persoal que se incorporase a entidade beneficiaria da axuda desde o pasado un de xaneiro.

Cómpre subliñar que este novo programa está incluído no Plan Galicia Innova e compleméntase con outros como o Oportunius ou o programa Principia, que ten permitido desde a súa posta en marcha a incorporación de 372 profesionais menores de 35 anos en 158 entidades.

R., 2018-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES