Noticias

A Xunta reclama ao Goberno acción conxuntas para defender a actividade industrial e os postos de traballo do grupo Invertaresa en Galicia

A Xunta reclama ao Goberno central que teña en conta a Galicia á hora de buscar solucións tras a solicitude xudicial de Invertaresa pedindo a liquidación das filiais deste grupo empresarial con 260 empregados, dos que 170 traballan na nosa Comunidade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu a semana pasada unha carta á ministra de Industria, Reyes Maroto, na que se poñía á súa disposición para manter un encontro e buscar, a través dunha acción coordinada entre todas as administracións, que se manteñan a actividade produtiva e os postos de traballo.

A Administración galega descoñece os motivos polos que a ministra de Industria non está a ter con Galicia e cos traballadores afectados a mesma sensibilidade que si demostra en Castela e León, onde a semana pasada xa mantivo senllas reunións tanto cos representantes dos traballadores da empresa que a factoría ten en Valladolid como coa conselleira de Economía e Facenda de Castela e León.

Ante esta situación, e tras coñecer a solicitude de liquidación da compañía ante os tribunais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta púxose en contacto co Ministerio de Industria o pasado 17 de agosto para defender a necesidade de levar a cabo unha actuación coordinada na que participasen todas as administracións implicadas –é dicir, o Estado e os gobernos de Galicia e Castela e León– para “poder dar unha resposta conxunta aos traballadores do grupo Invertaresa”.

A Xunta ofreceu ao Estado a súa colaboración e propuxo a celebración dun encontro entre as tres administracións para avanzar na procura da mellor solución posible; unha acción conxunta en defensa da actividade industrial e dos postos de traballo da que ata a data non se recibiu resposta por parte do Ministerio.

O grupo Invertaresa, un holding de empresas de capital galego, atópase desde hai dous anos en dificultades para garantir o mantemento da súa actividade e da carga de traballo. Por iso, a Xunta mantivo desde o primeiro momento reunións coa dirección e o comité de empresa; contactos que se intensificaron nas últimas semanas cos representantes dos traballadores. De feito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten previsto manter un encontro nos próximos días co comité de empresa para tratar de buscar solucións que permitan a continuidade da actividade empresarial e dos postos de traballo en Galicia.

R., 2018-08-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES