Noticias

Un total de 1545 familias galegas aforrarán 1M€ ao ano na súa factura enerxética grazas ás axudas da Xunta para a instalación de proxectos renovables

Os proxectos que se van desenvolver recibirán 4,66 millóns de euros en axudas que permitirán a mobilización de 11,3 millóns no sector. A instalación destas tecnoloxías posibilitará aforros anuais de 2,45 millóns de litros de gasóleo ao ano e a redución de emisións de 7.300 toneladas de CO2, equivalente á acción de 365.000 árbores. Vanse desenvolver 951 proxectos de biomasa, 512 de aerotermia e enerxía solar e 82 de xeotermia. Estes apoios súmanse ás axudas concedidas en materia de eficiencia enerxética e renovables a empresas, entidades sen ánimo de lucro e á administración local a través das que se impulsarán 434 proxectos que permitirán un aforro na factura enerxética dos beneficiarios de 5,5 millóns de euros ao ano.

En concreto, trátase do programa de impulso ás enerxías renovables en empresas, institucións sen ánimo de lucro e administracións locais; e da convocatoria para impulsar o aforro en industria, servizos e sector agrícola primario.

Estes dous programas contan cunha axuda pública de 7,75 millóns de euros, que permitirá mobilizar arredor de 30 millóns de euros e contribuirá á creación ou mantemento de máis de 250 postos de traballo. Ademais, estas iniciativas van ter un importante impacto ambiental, permitindo deixar de emitir á atmosfera 25.700 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente á acción de 1.285.000 árbores.

Estas iniciativas enmárcanse nas novas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, a través das cales se busca mellorar a calidade de vida dos galegos –mediante o abaratamento dos custos e o aumento da calidade da subministración– e a competitividade do tecido empresarial, apostando pola eficiencia e a potenciación das enerxías renovables de carácter autóctono. A través desta folla de ruta, búscase mobilizar máis de 3000 millóns de euros no sector enerxético ata 2020 e impulsar a creación de 12.000 empregos.

Estratexia de impulso á biomasa

Cos 951 apoios concedidos ás familias galegas para desenvolver proxectos de biomasa, segue adiante o compromiso do Goberno co impulso desta enerxía autóctona reflectido na Estratexia de impulso á biomasa.

As axudas que se veñen de conceder supoñen un investimento da Xunta de 2,37M€ e unha mobilización de 5,54. As familias poderán beneficiarse dun aforro anual de 1,86 millóns de litros de gasóleo e de 750.000 euros anuais na subministración enerxética. Cunha potencia de 18,63 MW estas instalacións permitirán, ademais, a redución de emisións asociadas de CO2 de 5.600 toneladas, o equivalente á acción de 280.000 árbores.

Co impulso da utilización da biomasa, a Xunta está a apoiar o desenvolvemento das áreas rurais e do sector primario, favorecendo a economía familiar e das pemes, xerando emprego cualificado e mellorando a calidade de vida da cidadanía.

R., 2018-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES