Noticias

Galicia recibirá 8 millóns de euros para desenvolver o pacto estatal contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe tras a reunión mantida na Moncloa entre a Vicepresidencia do Goberno e as comunidades autónomas que Galicia recibirá 8 millóns de euros para desenvolver o Pacto Estatal de contra a Violencia de Xénero. Alfonso Rueda e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiron á Conferencia Sectorial de Igualdade, que estivo presidida pola vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coa Cortes e Igualdade, Carmen Calvo, para poñer en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, no que a comunidade autónoma colaborou con achegas que foron aprobadas no Parlamento de Galicia por unanimidade de todos os grupos políticos.


A Xunta amosou a súa satisfacción coa partida de 8 millóns de euros, destinadas a financiar o acordo que xa se asinara durante o Goberno anterior. Valorouse tamén que se tiveran en conta os criterios do envellecemento -moitas mulleres de avanzada idade sofren violencia de xénero- e da dispersión poboacional á hora de acometer o reparto, tal e como tiña demandado Galicia.

Ademais, durante o encontro, o Goberno galego solicitou ao Estado que concretara os proxectos que se poderán financiar con cargo a esta partida e pediu tamén que se concedese unha prórroga para a súa execución, en tanto sería moi complexo executar todo o orzamento só na segunda metade do ano.

A Xunta aposta tamén por afondar na colaboración entre administracións, especialmente agora que os concellos recibirán unha parte importante dos fondos deste Pacto de Estado, co fin de evitar duplicidades e prestar a mellor atención posible ás vítimas.

Cómpre destacar a importancia de que na reunión de hoxe estiveran tanto os representantes do Goberno central como das comunidades autónomas, abordando a cuestión da violencia de xénero xa que como asunto de Estado afecta á cidadanía na súa totalidade. Poñer fin á violencia exercida, tanto contra mulleres como contra homes, debe ser un obxectivo prioritario para todas as Administracións que conforman a nosa sociedade.

R., 2018-08-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES