Noticias

O venres 27 comezan na Catedral de Santiago as visitas ao Pórtico da Gloria

A Catedral de Santiago asinou hoxe un convenio con Turismo de Galicia, a través do cal a Xunta de Galicia colaborará na primeira fase do plan de ordenación de visitas ao Pórtico da Gloria deseñado polo Cabido da Catedral de Santiago e que dará comezo o vindeiro venres 27 de xullo e se estenderá ata finais de setembro. Ao abeiro deste acordo, Turismo de Galicia fará posible que se dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encargará de regular os fluxos de visitantes.

No acto -que contou coa presenza do deán, Segundo Pérez, e do director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo- a directora de Turismo, Nava Castro, enmarcou esta contribución no constante traballo do Goberno galego por garantir un modelo turístico responsable que protexa, poña en valor e comparta os seus recursos cos cidadáns chegados doutras comunidades e países. Como dixo, pola súa fraxilidade, o coñecemento de recursos como o Pórtico da Gloria precisa do “compromiso social e institucional para garantir a súa completa salvagarda, boa xestión e óptima conservación”, algo que ao que aspira o convenio asinado hoxe.

Ao abeiro da colaboración entre Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago, instalarase un punto de control na praza do Obradoiro, aos pés da escalinata barroca da basílica compostelana, onde se situarán dous vixiantes de seguridade, que só permitirán a subida ao grupo de visita e ao que quedará en espera. Neste punto farase entrega dun folleto informativo sobre o Pórtico da Gloria, dispoñible en galego, castelán e inglés.

Amplo horario de luns a domingo

O seguinte punto de control estará na zona superior da escalinata, onde estarán situados outros dous vixiantes de seguridade que facilitarán o acceso ao interior por unha das portas laterais, mentres a outra quedará reservada para a saída. Finalmente, os outros dous vixiantes de seguridade atoparanse no interior, na zona de visita ao Pórtico da Gloria, que estará separada do resto da Catedral. O persoal de seguridade controlará que se respecte esa barreira de separación e explicará ao público como proceder para facer o percorrido.

Nesta primeira fase das visitas ao Pórtico da Gloria deseñadas pola Catedral de Santiago, poderán acceder grupos de 25 persoas como máximo. O acceso, que será a través do primeiro punto de control na escalinata, que ofrecerá a oportunidade de volver empregar o espazo monumental e a súa terraza superior, redescubrindo a ampla perspectiva sobre a praza do Obradoiro.

Os grupos entrarán de balde e por rigorosa orde de chegada cun amplo horario de luns a domingo desde as 8,00 horas ata as 22,00 horas, tendo en conta que o último acceso será ás 21,45 horas. O tempo de visita será como máximo 15 minutos. Para grupos de persoas con discapacidade, a Catedral de Santiago facilitará percorridos alternativos.

R., 2018-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES