A liña de acción 'Xogar en Verde' da campaña 'Verdear' fomenta que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentables
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fomentará que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentable, grazas a liña de acción Xogar en Verde. Trátase dunha iniciativa dentro da campaña Verdear é a actitude, posta en marcha pola Xunta de Galicia, co fin de afrontar os retos e valores de sustentabilidade. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá un taller de fomento de recollida selectiva, no que participaron aos rapaces do campus da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.
Mato Otero recordou que esta actividade forma parte da iniciativa Verdear é a actitude, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos e converter os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables que -a súa vez- sexan unha resposta á mitigación dos efectos do cambio climático.
Tal e como explicou a conselleira, o deporte é un vector transversal dunha enorme capacidade para propiciar boas prácticas de sustentabilidade e para aumentar a sensibilidade e conciencia ambiental en todos os sectores sociais. Indicou que a educación e a concienciación son ferramentas fundamentais para promover boas condutas e fomentar a separación e a reciclaxe do volume de residuos que se xera nos campos deportivos, principalmente envases e plásticos (contedor amarelo) e papel (contedor azul).
Grazas a esta iniciativa preténdese dotar aos asistentes e organizadores de eventos deportivos de ferramentas e mecanismos que muden o comportamento dos galegos e apoien actitudes responsables co medio ambiente, é dicir, que incorporen aos valores deportivos a sustentabilidade.
Para axudalos nesta eiva estase a elaborar un manual de boas prácticas ambientais coa descrición das accións que poidan reducir o impacto ambiental destes eventos, dirixido a organizadores e asistentes aos eventos deportivos que lles axudará a coñecer medidas que poden implantar antes, durante e despois do evento.
As guías serán distribuídas entre os diferentes sectores ao longo dos próximos meses e definirán métodos e hábitos para reducir a xeración de residuos, minimizando o uso de materiais desbotables, fomentar a reutilización dos produtos, reducir o consumo de auga, fomentar o uso do transporte público, en bicicleta ou a pé para acceder ao evento, citou Beatriz Mato como exemplo.
Para rematar, a conselleira recordou que a sustentabilidade é cousa de todos e que pequenas accións poden lograr grandes obxectivos á hora de coidar o medio ambiente.
R., 2018-07-23
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.