Noticias

Remata a primeira fase das reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da cultura galega 2021

O grupo reunirase na Cidade da Cultura de Galicia para propoñer as liñas de actuación e os obxectivos para o sector. Participarán representantes das principais entidades e empresas audiovisuais de Galicia, entre elas, o Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o Centro Galego de Artes de Imaxe, a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), Vaca Films, CTV, Ficción Producciones, Zeitum Films e Agallas Films.

Definición de liñas de actuación e obxectivos

Os grupos de traballo da ECG21 organízanse arredor do libro, do audiovisual, das artes escénicas, da música (nas vertentes de difusión da cultura e da industria musical), das artes plásticas e visuais, do patrimonio cultural, das institucións da memoria e da Cidade da Cultura de Galicia. Desde o pasado día 4 de xullo, profesionais dos diferentes sectores participaron nas reunións de traballo para propoñer as principais liñas de actuación e obxectivos de cada un dos ámbitos nos que se artella a ECG21.

Logo destas primeiras xuntanzas, ademais de recoller as observacións formuladas, abriuse un prazo para a remisión de propostas por correo electrónico. A continuación, na seguinte fase, que terá lugar despois do mes de agosto, os membros dos diferentes grupos de traballo volveranse reunir para propoñer as medidas concretas coas que avanzar na consecución dos obxectivos establecidos.

Plataforma en liña para a participación cidadá

Canda as achegas dos grupos de traballo, a Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha unha canle en liña para favorecer a participación cidadá no proceso de elaboración da ECG 2021, accesible aquí. Con este fin, as persoas interesadas poden enviar as súas achegas a través dun formulario electrónico.

Fase de exposición pública

Unha vez redactado o documento de traballo da ECG21, levarase a cabo a exposición pública da proposta a través das canles en liña da Xunta de Galicia, fase na que se poderán presentar comentarios, suxestións e alegacións co fin de contribuír a mellorar o documento. Posteriormente, elaborarase o texto final, que se presentará no Consello da Xunta de Galicia. Por último, a ECG21 seralle remitida ao Parlamento de Galicia.

R., 2018-07-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES