Noticias

Expertos de todo o mundo participan desde hoxe no XI Curso Leccións Xacobeas Internacionais

Expertos de diferentes partes do mundo participan desde hoxe en Santiago de Compostela na XI edición do curso de verán Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago que este ano se celebra baixo o lema ‘O Camiño de Santiago no Ano do Patrimonio Cultural Europeo’. Trátase dunha iniciativa formativa que conta co apoio de Turismo de Galicia e que, ano a ano, se converte nun destacado punto de encontro e de reflexión ao redor do fenómeno xacobeo.

O curso, que se desenvolverá no Museo das Peregrinacións ata o venres, foi inaugurado esta mañá nun acto que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez e dos directores do curso, os profesores Miguel Taín Guzmán e Domingo González Lopo.

Esta edición conta coa participación de destacados investigadores como o director do Instituto Europeo dos Itinerarios Culturais, Stefano Dominioni, entre outros, e tamén conta coa presenza de asistentes chegados de diferentes puntos de España e de países como Francia, Brasil, Italia, Alemaña ou Portugal. Xunto aos relatorios nos que se presentarán os resultados das últimas investigacións sobre o fenómeno xacobeo, o Camiño de Santiago e o seu patrimonio cultural, tamén está previsto un programa de visitas que inclúe a realización dalgún dos tramos do Camiño do Norte, un dos itinerarios Patrimonio Mundial.

O apoio de Turismo de Galicia a iniciativas formativas como esta enmárcase no compromiso da Xunta por fomentar a investigación xacobea. De feito, esa é unha das liñas estratéxicas do Plan director do camiño de Santiago, a folla de ruta da Xunta para levar a cabo no Camiño de Santiago melloras en eidos como a recuperación e construción de infraestruturas, a sinalización, o mantemento, a accesibilidade ou a investigación xacobea.

R., 2018-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES