Ortigueira pecha a 40 edición do seu Festival Internacional do Mundo Celta
Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.
Foron numerosas as referencias ao nacemento do festival e os seus fundadores. Estiveron presentes tanto fisicamente, como nun documental dedicado á historia do nacemento deste evento único. Todo o pobo volcouse un ano máis, sendo exemplo de convivencia, respecto e amabilidade cos milleiros de persoas que se achegaron estes días pola vila. Esta actitude foi recoñecida nos vídeos de presentación de cada grupo nos concertos, nos que os propios veciños fixeron de improvisados presentadores, e crearon un ambiente de empatía que músicos como Ives Lambert encargouse de ensalzar con verbas de entendemento entre culturas, respecto polo medio e amor. Todos eles uníronse nas redes baixo o hashtag #40emoitosmáis
Un dos momentos máis agardados foi o domingo á maña co gran desfile de bandas das nacións celtas, a cada cal máis esixente nas interpretacións e posta en escena, que partindo da Alameda percorreron as rúas da vila.
Os obradoiros e cursos de foto na rúa, baile galego e diferentes instrumentos musicais como a zanfona, whistle ou bodhrán, impartidos por músicos de primeiro nivel, tiveron un cheo absoluto, demostrando a implicación e participación de nenos e maiores. Tamén os pasacalles e actuacións nas distintas prazas e rúas fixeron da vila un único escenario, onde á música e a cultura Celta agardaba tras cada esquina.
Os polacos Beltaine gañaron o Proxecto Runas 2018. Actuarán na edición de 2019, por cuxa actuación recibirán un caché de 3.000 euros. O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe publicamente. Os criterios de valoración que fixeron decantarse ao xurado foron, a coordinación musical, a conexión co público e o espectacular directo
R., 2018-07-16
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.