Noticias

O número de fogares galegos con dificultades a fin de mes é o máis baixo de toda a serie histórica, segundo o IGE

O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 54,6%, mentres que a cifra de fogares con dificultade ou moita dificultade descendeu ata o 45,4%. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 7,4 puntos respecto ao anterior trimestre e case unha décima no último ano .

Así o reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares correspondente ao segundo trimestre e publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Ademais, no segundo trimestre de 2018 produciuse tamén un incremento da confianza dos consumidores. Así, o indicador de confianza do consumidor tamén mostra unha tendencia positiva ao situarse no -8,17, o que supón unha mellora de 2,7 puntos respecto ao trimestre anterior.

Esta mellora é consecuencia das mellores perspectivas que teñen os fogares galegos sobre a situación financeira persoal -que mellora 5,2 puntos sobre o trimestre anterior-, sobre a situación económica de Galicia –que mellora 4,1 puntos- ou sobre a evolución do desemprego nos vindeiros meses, que mellora case 3 puntos. A única compoñente que non mellora é a da capacidade futura de aforro, que empeora 1,5 puntos.

Medidas

Ademais, a enquisa do IGE mostra tamén unha redución dos fogares que no segundo trimestre tomaron medidas para reducir gastos ou aumentar ingresos. Por exemplo, o instituto estatístico ratifica que baixan os fogares que cambian os seus hábitos de compra para aforrar, que diminúen outros gastos comúns –como roupa, calzado ou transporte- e que reciben axuda económica de familiares ou amizades.

R., 2018-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES