Noticias

‘Panos brancos contra a droga’, campaña da Fundación Galega contra o Narcotráfico

No Día internacional contra o uso indebibo e o tráfico ilícito de drogas, chámase a sumar esforzos na loita contra o narcotráfico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron onte en Vilanova de Arousa no acto central da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a droga, impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico con motivo da celebración do Día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

Este tipo de actos son fundamentais para visibilizar a necesidade de que todas as administracións, forzas e corpos de seguridade e a sociedade no seu conxunto deben seguir implicándose, como ata o de agora, na loita contra o narcotráfico. Nos últimos anos tense avanzado moito neste camiño, grazas tamén ao importante papel que desenvolveu o movemento asociativo, pero aínda é preciso continuar sumando esforzos para acabar coas redes criminais e continuar promovendo a prevención do consumo de drogas.

R., 2018-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES