Noticias

El equipo de Divinas Palabras Revolution arranca los Encuentros con el Público del CDG, mientras que la Asociación de Actores y Actrices de Galicia critica el deterioro de la entidad

El público que acuda los jueves a las funciones en el Salón Teatro de Compostela pueden compartir impresiones con el elenco del montaje de la compañía pública hasta el 29 de abril. La Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) alerta de la situación interna del Centro Dramático Galego (CDG).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El Centro Dramático Gallego (CDG) retoma las funciones para público general de su nueva producción propia, Divinas Palabras Revolution, que puede verse de jueves a domingo, hasta el 29 de abril, en la sede de la compañía pública en el Salón Teatro de Santiago. El jueves 19 de abril tendrá lugar, asimismo, el primero de los dos Encuentros con el Público de esta producción, durante los que los espectadores que asistan a los pases de los jueves tendrán la oportunidad de intercambiar impresiones con el equipo artístico del espectáculo al final de su representación.

Además de esta iniciativa, con motivo de la estadía de Divinas Palabras Revolution en Santiago el CDG puso en marcha un nuevo servicio, denominado Domingos de Conciliación, para todas las personas con niños/as a su cargo que quieran asistir al espectáculo.

Esta oferta –incluida en el precio de la entrada– consiste en un taller de artes escénicas en la Fundación Granell, para edades comprendidas entre los 5 y 12 años, donde los chicos y chicas pueden pasar una tarde entretenida mientras sus mayores asisten la Divinas Palabras Revolution en el Salón Teatro. Para solicitar este servicio, de plazas limitadas, hace falta enviar un correo electrónico a centro.dramatico.galego@xunta.gal o llamar al teléfono 881 867 229, de lunes a viernes (excepto festivos) de 9,00 a 14,00 h.

Xron dirige esta adaptación, la primera en idioma gallego, de la obra Divinas palabras de Valle-Inclán, que le ofrece al público un vistazo actual y crudo de la tragicomedia valleinclaniana, ambientada aquí en la aldea “global” frente a aldea “” del original. Así, en la versión del CDG los personajes que interpretan Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos y Tomé Viéitez participan en un concurso de telerrealidad, durante lo que tienen que convivir en una casa-plató vigilados por las cámaras las 24 horas.

Los horarios de las funciones generales de Divinas Palabras Revolution son de jueves a sábados, a las 20,30 h., y los domingos, Día del Espectador, a las 18,00 h. Asimismo, los martes y miércoles están teniendo lugar los pases matinales concertados con institutos dentro de la campaña escolar del espectáculo.

Las entradas pueden adquirirse de manera anticipada a través del web entradas.abanca.com y del teléfono 902 434 443, así como en la taquilla del Salón Teatro desde dos horas antes del comienzo de cada función.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la AAAG:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a máis de 300 profesionais da interpretación e da dirección escénica, denuncia a grave situación que atravesa o Centro Dramático Galego (CDG), institución pública de teatro, definida polo esmorecemento na súa actividade ao longo dos últimos anos, a mingua da contratación de intérpretes, as polémicas que arrodean os procesos de selección de elencos, a desconexión co público, a escasa distribución das súas montaxes e un principio de externalización dos servizos artísticos.

Esta Asociación alertou o ano pasado, tras a dimisión da metade do tribunal e as presuntas irregularidades do proceso de selección de elencos do espectáculo Martes de Carnaval, da situación que atravesaba o CDG e pediu -apelando á vontade manifesta de diálogo por parte da directora do CDG, Fefa Noia- a convocatoria dunha mesa sectorial para abordar o seu futuro. Dende a administración, convocouse nos últimos meses a reunións que están a carecer de efectividade, xa que a intención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entidade da que depende a institución de teatro público, é limitar o diálogo aos procesos de selección e non abordar a problemática no seu conxunto.

Problemática que abrangue o funcionamento do CDG no seu conxunto, principiando pola reducida produción propia da institución, rebaixada nos últimos tres anos a unha obra por tempada, fronte ás dúas ou tres montaxes que ofrecía a institución por temporada no pasado. Así, a actividade do CDG foi quedando diluída e este baixo nivel de actividade non para de acentuar a desconexión co público e coa profesión.

No referente á contratación, o CDG está a ofrecer nos últimos anos elencos reducidos nos seus espectáculos. Se botamos a vista atrás, durante a segunda etapa de Manuel Guede (2012-2015) na dirección do CDG, ofrecéronse obras con elencos de tres, catro ou cinco persoas. Na etapa presente de Fefa Noia, o volume aumentou até os dez e os nove intérpretes. Malia o incremento, as cifras seguen a palidecer na comparanza con montaxes do pasado e tamén coa actividade de determinadas compañías privadas, capaces de sustentar elencos semellantes. O CDG, como institución de teatro público, debe chegar a onde non chega a iniciativa privada, ser referente e emblema tanto para os profesionais coma para os espectadores. Uns espectadores que, ademais, nos últimos anos viron ben limitadas as opcións de asistir ás montaxes da institución lonxe do Salón Teatro. No caso máis recente, o de Martes de Carnaval, a súa xira por Galicia limitouse a sete escenarios fóra da sede compostelá. Polo tanto, o CDG non se resente só na produción e na contratación, senón tamén na distribución.

A estas eivas, engádese a burocratización que interfire no funcionamento do CDG e que alcanza a súa máxima expresión nos procedementos de selección de elencos, baseados no criterio da pública concorrencia e sometidos a unhas normas da función pública que non se axustan á realidade da nosa profesión, dificultando o traballo dos directores/as e obrigando os profesionais da interpretación a participar en concursos públicos máis que cuestionables, tal e como quedou demostrado nas presuntas irregularidades que se puideron observar no proceso de selección de Martes de Carnaval do ano pasado. Un ano, o 2017, no que deberiamos celebrar por fin a adaptación de Valle-Inclán á nosa lingua por parte dun CDG que abría a porta a directores/as de prestixio das nova xeracións, como son Tito Asorey ou Marta Pazos. Non obstante, a burocratización e os atrancos escureceron o resultado artístico.

E neste 2018, ano no que debemos celebrar que os compoñentes de Chévere traballen no CDG, atopámonos de novo coa burocratización e a falta de vontade política da administración para cambiar o rumbo da institución, creando perigosos precedentes que se desprenden tras a publicación, na Plataforma de Contratación da Xunta, da adxudicación da Contratación da dirección, dramaturxia, tradución e interpretación de protagonistas do espectáculo teatral Divinas Palabras polo sistema de procedemento negociado sen publicidade, por exclusividade, cunha entidade única e determinada, nomeadamente Chévere Produciones S.L. Establécese un réxime contractual diferente para unha parte do equipo, no que se inclúe aos intérpretes protagonistas, de xeito que a relación laboral non se traba entre a Agadic e os profesionais, senón que é a Agadic quen contrata os servizo dunha empresa que establecerá relacións laborais cos profesionais. Dito doutro xeito, cruzamos coa externalización, o cal fai dubidar de que a obra poida ser considerada como unha produción propia do CDG en estrito senso.

Os procedementos de selección de elencos son só unha manifestación da burocratización que atenaza o funcionamento do CDG e que dificulta enormemente o exercicio profesional non só de directores/as e intérpretes, senón de todos os estamentos profesionais do feito teatral que cada ano se afanan, co seu esforzo e talento, nas producións do CDG. A AAAG lembra neste senso o conxunto de urxencias que padece a institución de teatro público e que se resumen na necesidade de dotar o CDG dunha entidade xurídica propia, con autonomía real e orzamentos de seu, na revisión do sistema de coproducións e residencias, a reformulación dos mecanismos de distribución ou a procura de procesos de selección de elencos que combinen a necesaria liberdade creativa do director/a coa igualdade de oportunidade dos intérpretes a acceder ás montaxes do CDG.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2018-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES