Noticias

Plenario de En Marea: Villares apela a no perder ningún esfuerzo y a que ningún impulsor del proyecto quede fuera

El portavoz de En Marea, Luis Villares, insta a "no perder ningún esfuerzo" y que "nadie de los que impulsaron" el surgimiento del partido instrumental "quede fuera" del proyecto. "Juntos somos invencibles porque la gente premia la unidad". Fue una de las ideas lanzadas por Villares durante el plenario del partido celebrado en la capital de Galicia de cara a la preparación de las elecciones municipales de 2019.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o Plenario de En Marea. Unha xornada que tiña como obxectivo desenvolver un traballo común de cara as eleccións municipais de 2019 sendo estas o tema central da xornada pero na que tivo lugar o debate e aprobación dos distintos documentos de En Marea tanto de regulamento, dación de contas dos grupos no Parlamento e do Congreso, devalo demográfico entre outros.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, rematou a xornada poñendo en valor a boa sintonía e o ambiente de traballo tanto hoxe como no máis de mes e medio de traballo anterior coa elaboración das propostas e documentos. Na xornada de hoxe as inscritas e inscritos de En Marea aprobaron entre outros documentos relativos a temas fundamentais como devalo demográfico que como salientou Villares para En Marea é “unha implosión como país”. “No noso país non nace xente porque non se dan as condicións para que suceda, emigra, a falla de futuro. É preciso reverter esa situación” defendeu Luís Villares.

Na xornada aprobouse así mesmo o documento en materia de infraestruturas que destacou o voceiro como unha cuestión fundamental xa que supón unha oportunidade de cohesión do país que acabe coa desconexión territorial e social imposta polo PP. A relación do espazo de En Marea co grupo das Cortes para mellorar e reforzar os lazos e o xeito de encarar as municipais de 2019 foron outros dos temas aprobados na xornada de hoxe. Neste sentido apostouse por desenvolver fórmulas non invasivas, que cooperen de xeito horizontal para que todo ese esforzo e traballo político teña o seu reflexo nas Deputacións provinciais xa que “pese a estar en contra, somos conscientes de que non se pode renunciar a estes orzamentos”.

O voceiro de En Marea rematou a xornada asegurando que “os tempos das políticas de contrabando do Partido Popular está chegando ao seu fin”. “Deste plenario saen malas novas para o PP porque de aquí sae unha alternativa de cambio que o conxunto da sociedade galega precisa. Xuntas somos invencibles porque á cidadanía premia a unidade” concluíu Luís Villares.

Durante a sesión de tarde do plenario de En Marea tivo lugar a dación de contas dos grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia e no Congreso nas que o voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán-Vello e o deputado Francisco Casal do Parlamento, Francisco Casal, destacaron os temas fundamentais nos que teñen centrado a súa labor. Incendios, igualdade, pobreza enerxética, transferencia da AP-9, a loita contra a Lei de depredación ou o accidente ferroviario de Angrois foron algúns dos temas nos que os deputados e deputadas de En Marea traballaron durante os últimos meses presentando multitude de iniciativas na Cámara galega e nas Cortes do Estado.

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, pola súa banda foi a encargada de expor o documento relativo ás eleccións municipais de 2019. No mesmo destacou a necesidade de que En Marea sexa un espazo que vertebre a suma de esforzos para espallar o cambio que o municipalismo iniciado en 2015. Destacou así mesmo a disposición no espazo político, respectando a autonomía das mareas locais, para favorecer a coordinación, e cooperación dos actores do cambio e ser o lugar de encontro de todas as que traballan a prol de recuperar a ilusión desde o municipal.

En definitiva desenvolver “un traballo conxunto baseado no diálogo, na
fraternidade, e na radicalidade democrática dende novas formas de relación política que teñan en conta o respecto e a autonomía das mareas locais e baseada na bidireccionalidade nas relacións coas mesmas”.

Un documento que foi aprobado no Plenario de En Marea por 197 votos a favor, ningún en contra e 6 abstencións. No texto apostase por facilitar e dinamizar grupos de traballo e mareas sectoriais para a elaboración dun conxunto de propostas para as municipais do vindeiro ano que recolla as cuestións fundamentais para á cidadanía no ámbito local. Inclúe tamén a creación dun banco de ideas dispoñible para o conxunto das mareas municipalistas, configurando un conxunto o máis amplo posible de propostas que faciliten a todas as mareas locais en base a súa soberanía e dentro dos principios da marea constituínte de Vigo, a elaboración dos diferentes programas políticos.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea

R., 2018-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES