Noticias

Las nuevas furgonetas K9 de PSA Peugeot-Citroën fabricadas en Vigo salen al mercado en otoño

La salida al mercado de las nuevas furgonetas de la fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo (conocidas como el proyecto K9) tendrá lugar después del verano, según ha confirmado la dirección de la factoría durante la visita del alcalde de Vigo a la empresa. Frédéric Puech, director del centro y del Polo Industrial Ibérico, asegura que el proceso sigue el "camino estándar" de los lanzamientos, y que, a partir del mes de junio, se aumentará la cadencia de producción. Con esa previsión, la planta de Balaídos alcanzará su máximo potencial de producción.

Nota de prensa del Concello de Vigo:

Abel Caballero visitou o centro de Vigo do Groupe PSA onde se achegou ao proceso de fabricación da k9, un vehículo que cualificou de "sensacional". Logo do percorrido pola factoría, felicitou ao todos os traballadores aos que lles garantiu apoio municipal.

O alcalde de Vigo cualificou esta mañá a k9 como "un vehículo sensacional", unha vez que tivo a oportunidade de subirse ao volante deste novo modelo durante a visita que realizou esta mañá ao centro de Vigo de Groupe PSA. Augurou o "previsible" éxito da k9 en termos do mercado e avanzou que "queremos que unha das primeiras á venda sexan para o Concello". Acompañado polo director, Frédéric Puech, compareceu ante os medios para felicitar ao conxunto do cadro de persoal da factoría ao que lle garantiu todo o apoio municipal. Asegurou que a produción masiva da k9 vai garantir o futuro industrial en Vigo desde "onde se compite co resto do mundo", blindando o emprego a lo menos por unha década, "unha grande noticia para Vigo, para Galicia e para España", insistiu.

Durante a visita pola factoría, Caballero, "comprobou e entendeu" o gran proceso de adaptación da factoría para implementar a fabricación deste modelo. "É un alarde de tecnoloxía, de organización humana, de ser capaces de adaptar a fabricación doutros vehículos coa produción masiva da k9. "Visualizamos un proxecto de éxito, sensacional, que aglutina as novas e máximas tecnoloxías e combina á perfección vehículo comercial e familiar".

R., 2018-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES