Noticias

Feijóo pide que se siga reivindicando la participación activa y leal de las comunidades en el proceso de construcción europea

El presidente del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, en las jornadas del Grupo parlamentario del PP europeo, aseguró que la política autonómica no se puede disociar de la política europea y que estos 32 años ejercieron una decisiva influencia transformadora en Galicia, destacando que la descentralización de algunos países no lograron fragmentar Europa, sino que "reforzaron la Unión".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

Feijóo lembrou que entre os valores fundacionais da Unión ocupa un lugar moi especial a defensa da estabilidade, recoñecendo que “xamais podemos dar por feito o obxectivo de manter unha Europa estable, responsable e democrática”. Así mesmo, apuntou que a recesión económica rachou a confianza dos europeos nas súas institucións e que sería irreal afirmar que saímos indemnes pero, “grazas á unidade e á responsabilidade de todos, conseguimos amortecer as consecuencias destas acometidas”.

Nese senso, lamentou que un dos golpes ao proceso de construción europea proveu dalgúns dirixentes de Cataluña, indicando que non é casualidade que, cando Carles Puigdemont comprobou que ningún país europeo daba cobertura ao seu desafío separatista, orientase as súas críticas cara á UE. “O expresidente catalán é plenamente consciente de que, nunha Europa forte, xamais poderá ter éxito no seu intento de dividir a sociedade catalá e debilitar a democracia española”, subliñou.

Feijóo tamén fixo fincapé en que as rexións están a traballar para lograr unha Europa máis unida e forte para o que é preciso seguir apostando pola cohesión entre territorios, engadindo que, agora que se fan escoitar propostas populistas, nacionalistas e radicais, “debemos defender con máis forza que nunca a vixencia de Europa como proposta e como resposta”.

Deste xeito, admitiu que unidos poderase seguir optando ao liderado mundial en materia de innovación, continuar apostando por unha agricultura e gandaría modernas, eficientes e sustentables; e consolidarnos como potencia pesqueira, superando así os desafíos que entraña o Brexit.

Así, e malia que son moitos os que desexan que a Unión Europea se debilite, Feijóo apostou por seguir defendendo sen complexos unha Europa estable, próspera e integradora; continuar traballando por unha Europa orientada a reducir as desigualdades entre os seus membros; e proseguir reivindicando que a historia da Unión Europea é ante todo unha historia de éxito.

Durante o seu discurso, Feijóo tamén fixo referencia á importancia da innovación, destacando o obxectivo de lograr en 2020 un investimento en I+D+i do 3% do PIB, algo para o que Galicia está a facer importantes esforzos ata o punto de que “convertemos a innovación nunha prioridade rexional”.Sobre isto, o presidente tamén puxo en valor que duplicamos o volume de fondos conseguidos neste primeiros catro anos de Horizon 2020, os proxectos dos investigadores galegos conseguiron atraer fondos europeos por un valor de 66,4 millóns de euros desde 2014 e aumentouse a cota de proxectos con participación galega que lideran os nosos científicos.

A innovación tamén se converteu no motor fundamental de moitos ámbitos da nosa economía e a sociedade e, nese sentido, Feijóo lembrou que en sanidade impulsáronse avances como a receita ou a historia clínica electrónica, ademais de técnicas de hospitalización experimental e a domicilio en hospitais galegos; en enerxía, estase a impulsar en Ourense un ecobarrio pioneiro e acabaranse de aprobar unhas novas Directrices Enerxéticas que nos permitirán seguir consolidando unha economía máis sustentable; na industria, estamos a apoiar a implantación da fábrica intelixente e mobilizamos preto de 1.000 millóns no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3; e en contratación pública, Galicia é líder a nivel español en Compra Pública Innovadora.

R., 2018-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES